Skip to Content

Proxecto "Volta ao mundo"

Club das familias

Este trimestre, dentro de "Club de familias" impulsado dende a Biblioteca do cole, recibimos a visita de dúas mamás que nos viñeron contar dous estupendos contos: "A Cincenta" e "O misterio da vaca Paca". 

Moitísimas grazas por compartir estas historias con nós e por achegarvos ata o cole!

 

Mochilas viaxeiras!

A pasada semana puxemos en marcha as nosas bolsas e mochilas viaxeiras cargadiñas de libros que chegarán ata as casas de todo o noso alumnado. 

Agardamos que desfrutedes moito da lectura dos tesouros que levan gardados! 

E moi prontiño... inauguraremos a nosa nova Biblioteca!

MÁIS FOTOS AQUI

Concurso "Doces saudables"

Como broche final ao Proxecto sobre "Hábitos saudables" desenvolto este curso hoxe celebramos no cole un concurso de doces saudables elaborados polo alumnado en colaboración coas súas familias. Nel, premiamos as sobremesas máis ricas, orixinais e saudables. 

Moitísimas grazas e noraboa a todas e todos os participantes, pois todos os postres estaban boísimos!

Lucy e os lácteos

O pasado venres 15 de marzo participamos nunha actividade sobre lácteos. Trátase de "Lucy e os lácteos". 

Velaquí vos deixamos algunhas fotiños!

Ponlle as pilas ao teu bocata

Este mércores 13 de marzo tivemos no cole unha actividade incluída no Aliméntate ben (dentro do Plan Proxecta). Trátase de "Ponlle as pilas ao teu bocata". A través dela descubrimos que hai moitas e moi variadas formas de preparar un bocata: con sardiñas, mexillóns, chocos, atún, ensalada, tomate... 

Así, na actividade sumerxímonos nunhas bateas a través dunhas gafas en tres dimensións, aprendemos cousas de diferentes peixes a través dun vídeo e dunha cámara moi especial e ata nos prepararon un bocata que cadaquén foi confeccionando e do que demos boa conta no recreo!

O sabor da aventura está no mar!

Hoxe, no cole, participamos nunha actividade incluída dentro do Plan Proxecta, da Consellería de Educación. Tratábase de "O sabor da aventura está no mar" a través da que (con vídeos, manualidades e xogos) descubrimos diferentes peixes e as súas características e propiedades. 

Ao noso alumnado gustoulle moito! Agardamos repetir o ano que vén!

Almorzos saudables

Hoxe participamos nunha actividade proposta dende a Consellería de Sanidade moi directamente relacionada cos Hábitos saudables. Así, primeiro recibimos unha pequeniña charla sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e variada e despois baixamos ao comedor a almorzar un almorzo ben completo, pois levaba todos os ingrediente que este debe levar: froita, lácteos e cereais. 

 

Andainas

Como esta semana nos acompañou o tempo, puidemos saír a camiñar polas contornas do colexio. Para algúns dos nosos nenos e nenas o camiño xa era coñecido, mais para os/as máis pequenos foi todo un descubrimento, especialmente as pegadas nas que repararon os maiores: unha de xabaril e outra de can!

Reparto de LEITE durante os recreos

En relación co Aliméntate Ben, dentro do Plan Proxecta, hoxe iniciamos o reparto de leite semidesnatada e sen lactosa durante os recreos para todo aquel alumnado que asi o queira. 

Velaquí vos deixamos unhas fotiños do primeiro reparto!

Campo a través

O 15 de xaneiro, o alumnado maior do cole participou na Final Comarcal de CAMPO A TRAVÉS deste curso 2018/2019, no que participaron nenos e nenas doutros centros da comarca do Ribeiro. 

Noraboa a todos e todas por participar! E, en especial, aos que estiveron preto de clasificarse e aos dous clasificados para a final provincial, o día 9 de febreiro, unha delas en primeira posición!

E velaquí unhas fotiños da Final provincial na que correu a nosa compañeira Nerea!

Distribuir contido


by Dr. Radut