Iniciar sesión: Acceso

Historia

Solicitude fondo libros, adqusición libros de texto e material escolar

No pasado DOG do día 20 de maio de 2019 publicouse a Orde do 3 de maio de 2019, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

Clicando nos seguintes enlaces podedes acceder ao recurso correspondente:

Enlace ao DOG correspondente

Enlace á solicitude

Enlace ao manual de usuario

Enlace á Sede Electrónica da Xunta de Galicia

 

Recordade que o prazo para solicitar a participación no fondo de libros e para a adquisición de libros e/ou material escolar remata o 21 de xuño de 2019. 

Para calquera dúbida non teñades reparo en contactar con nós.

 

 

 

Listaxe admitidos para o curso 2019/2020

No seguinte documento adxunto podedes descargar a LISTAXE DEFINITIVA do alumnado admitido para o curso 2019/2020. 

ADMISIÓN DE ALUMNADO E RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2019/2020

O vindeiro 1 de febreiro iniciarase o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2019/2020.

  • Reserva de Praza para o centro de adscrición (alumnado de 6º EP que reserva praza para o IES O Ribeiro) do 1 ao 15 de febreiro. Presentarase no centro de orixe o formulario de solicitude, que se facilitará  no noso centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo I)  A reserva de praza poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . O alumnado que queira matricularse noutro centro que non sexa o adscrito deberá facelo no prazo ordinario de admisión de alumnado, é dicir, do 1 ao 20 de marzo. 
  • Solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará  no centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II)  A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . 
  • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño

 

No arquivo adxunto podedes atopar máis información ao respecto.  

Período de adaptación

Dende o cole somos coñecedores da importancia dos primeiros momentos do alumnado na escola. Por iso, e coa intención de facer o camiño algo máis levadeiro, deixámosvos un pdf no que tendes algunhas recomendacións para este proceso. 

Vémonos en setembro!

Convocatoria axudas libros e material. Curso 2018/2019

Fondo solidario de libros detexto e axuda para adquirir libros de texto e material escolar: Curso 2018/2019

Obxecto da convocatoria e procedemento

Segundo a Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio), pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial, para  o curso escolar 2018/2019.

Deberán presentar a solicitude cubrindo o Anexo I e II que poderá recoller no propio Centro ou directamente do DOG do 22 de maio de 2017 (páxinas 24981 á 24983) ou tamén aquí ANEXO I e II

Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno presentarase orixinal e copia da documentación,  co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.  En caso de que a presentación non se faga no centro deberá presentarse orixinal ou copia debidamente compulsada.

 

 

Na convocatoria actual os cidadáns poderán, ademais, realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala)
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

Xunto cos Anexos I e II deberán presentar no Centro a seguinte documentación:

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

a) Libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2016, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  •  Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
  • Certificado de defunción

b) E de ser o caso:

  •  Grao de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia.
  •  Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Incapacitación xudicial coa patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Resolución xudicial.

Alumnado de EE, con discapacidade ≥65% ou en tutela ou garda da Xunta de Galicia.

O alumnado de educación especial ou con discapacidade ≥65%, de ser o caso:

-    Grao de discapcidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia.

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia:

-    Resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.

A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

IMPORTANTE: Os Anexos I e II deberán entregarse no centro perfectamente cubertos en TÓDOLOS seus apartados, asinando na folla 3 os membros da unidade familiar que corresponda.

As solicitudes entregaranse no Centro e presentarase unha para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2018/2019.

O prazo de presentación das solicitudes será:

a) Para o alumnado de educación primaria, educación secundaria e educación especial: do 23 de maio ao 22 de xuño de 2018, ambos inclusive.

Obrigas dos beneficiarios

Para optar a ditas axudas é imprescindible ter devolto os libros adquiridos no pasado curso 2016/2017 o día 22 de xuño deste ano.

Para este próximo curso 2018/2019 a solicitude faise toda no mesmo impreso (Anexos I e II):

  •  Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO; cursos nos que, se manterán os libros de texto do curso 2017/2018.
  •  Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial.
  •  Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

 

Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio) 

Impreso Solicitude (Anexo I)

Máis información na paxina web da Consellería de Educación

Listaxes definitvas de ALUMNADO ADMITIDO para o curso 2018/2019

Aquí vos deixamos as listaxes defintivas do alumnado admitido para o vindeiro curso 2018/2019.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO E RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2018-2019

O vindeiro 1 de febreiro iniciarase o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2018/2019.

  • Reserva de Praza para o centro de adscrición (alumnado de 6º EP que reserva praza para o IES O Ribeiro) do 1 ao 15 de febreiro. Presentarase no centro de orixe o formulario de solicitude, que se facilitará  no noso centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo I)  A reserva de praza poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . 
  • Solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará  no centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II)  A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . 
  • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño

 

No arquivo adxunto podedes atopar máis información ao respecto.  

Distribuir contido

Back to top