Iniciar sesión: Acceso

Día de Rosalía

Ao longo desta semana celebramos o Día de Rosalía. E para iso realizamos diferentes actividades. 

Primeiro comezamos pensando como representar os versos do manifesto escollido este curso pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Cando o tivemos nas nosas cabezas, puxémonos mans á obra. Sacamos fotos dramatizando as situacións descritas e con elas elaboramos uns murais por grupos. Pero pese a ser diferentes, todos eles tiñan algo en común: Rosalía. Así, coloreamos a Rosalía e ao seu pensamento libre, en forma de bolboretas, mans, flores, música... 

Con estes cartaces fixemos unha manifesa-acción protesta que grabamos e montamos en vídeo, con todo o alumnado e profesorado do cole como participantes. 

Ademais, elaboramos uns dípticos sobre Rosalía, que incluían a súa biografía e o seu retrato, así como un dos seus poemas en galego que cada neno e nena ilustrou á sua maneira. 

Aquí vos deixamos unhas fotiños. Para poder ver o video, este é o enlace: https://www.facebook.com/ceipcarmen.garciacarrasco.7 

Back to top