Iniciar sesión: Acceso

Convivencia co CRA Amencer

O mércores 16 de maio recibimos no cole a agradable visita do alumnado e profesorado do CRA Amencer, de Ribadavia, que compartiu con nós a festa das Letras Galegas. 

Foi unha xornada moi agradable e proveitosa que comezamos cunha pequena benvida dos nosos maiores de 6º curso e cun obradoiro de debuxos do autor dos Bolechas: Pepe Carreiro, que nos deixou un bonito mural no cole! 

 Despois, por equipos mesturados, participamos nunha ximcana de xogos variados que tiñan en común a LINGUA GALEGA!

E como non podía ser doutro xeito comeron tamén con nós!

Foi un verdadeiro gusto compartir a xornada con eles! Agardámosvos o ano que vén, CRA Amencer!

Back to top