Skip to Content

Saída de Inverno

NA PISTA DE XEO DE OURENSE
Como cada ano este mércores vistamos á pista de xeo en Ourense... Os deixamos o vídeo, aínda que é algo longo pero entre tantas de risas, caídas e diversión foi complicado reducir a súa duración

PILABOT, Concurso de recollida de pilas e acumuladores en centros escolares

Concurso de recollida de pilas e

acumuladores en centros escolares

 

Este ano Volvemos a participar  no concurso PILABOT que desenvolverase no curso escolar 2023-2024, entre os meses de xaneiro e abril.

 

  NOTICIA DE PRENSA

 

Cenlle (Ourense), 7 de novembro de 2023.- A Xunta de Galicia, coa colaboración e apoio dos xestores de pilas autorizados en Galicia Ecopilas, ERP e Ecolec, impulsan un ano máis a campaña escolar Pilabot, unha iniciativa para promover a concienciación das novas xeracións sobre a reciclaxe e que terá como actividade principal un concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas entre o alumnado de todos os colexios de primaria e secundaria participantes.

Durante unha visita ao CEIP Carmen García Carrasco, en Cenlle, un dos centros educativos que participou nas catro edicións anteriores, resultando gañador na categoría de quilos totais recollidos por alumno no curso 2022-2023, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, subliñou que grazas ao esforzo realizado polos escolares dos 150 centros inscritos na pasada edición se reciclaron máis de 46 toneladas de pilas, un dos residuos domésticos máis perigosos e altamente contaminantes.

 

QUINTA EDICIÓN DO CONCURSO 

 

Esperamos contar coa vosa colaboración

 

Día da Discapacidade 2023

En colaboración coa Residencia de Santa Cruz, celebramos o Día da Discapacidade que se celebrou o pasado 3 de decembro do 2023

Dende a Residencia de Santa Cruz nos prepararon un vídeo e un cartel e dende o cole tamén fixemos o mesmo, os deixamos o vídeo que lles mandamos no que podedes ver toda a elaboración do noso cartel do Dia da Discapacidade.

 

Grazas por compartir o voso traballo cos nenos e nenas do cole!!!

MENÚ 2023-2024

MENU do curso 2023-2024

 

 

Graduación 2023

Os deixamos as mensaxes do alumnado do centro para os que marchan!!

 

Excursión fin de curso

Os deixamos disfrutar dos momentos vividos na excursión de fin de curso do 2023, visitamos as instalacións de Terraventura en Vigo e a prai de Samil

 

 

Lembramos o NADAL

Lembramos o NADAL e a visita de Santa ao cole, aqui os deixamos as caras dos nenos e nenas cheos de ilusión 

 

 

Día da PAZ 2023

Como cada ano nos acercamos ata a Praza da Tenencia de Cenlle para celebrar o día da PAZ, ali deixamos voar os nosos globos brancos cheos de esperanza por un mundo de paz

Pista de Xeo e Visita ás termas de Ourense

Aqui estamos visitando as termas de Ourense, despois recorrimos as beiras do Miño e as rúas da cidade no Tren, para chegar a un parque e divertirnos todos xuntos e para terminar o día nos acercamos ao centro comercial PonteVella e ali probamos a Pista de Xeo

PUMPTRUCK

Visitamos o complexo deportivo de PUMP-TRACK MONTERREI

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut