FAI CLIKC NA IMAXE PARA VER A LISTA DE LIBROS DE TEXTO
Según a resolución da Consellería de Educación,Universidade e Formación Profesional do 07 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil,educación primaria,educación secundaria obligatoria e bacharelato en centro docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021.
AS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO,ESTÁN TODAS ADMITIDAS.
OLA FAMILIAS!
Como andades? Ogallá todo se vaia recolocando.
Eu gravei outro contiño.
Ogallá vos preste.
Unha aperta.
O COVID-19 impediu a celebración do DÍA DA BICI no noso cole o pasado día 3 de xuño.Dada a situación que estamos a vivir apostamos por un desfile virtual de BICICLETAS,o obxectivo era lembrar a importancia que ten o uso da BICICLETA como medio de transporte sostible,ademáis de manter a distancia física e de todos os beneficios que proporciona o seu uso.
Monta en bicicleta forma parte da infancia e é algo que non debería deixar de practicarsee sendo adultos.
O noso cole participa en MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA e queremos deixarvos unhas imaxes dunha das actividadesf programadas e realizada antes do confinamento,un TALLER DE COCIÑA no que cada cativo de 5 anos fixo un coche para a hora da merenda.Inaugurando ademáis o recuncho de usus múltiples que empezou a funcionar este ano e que quedou ademáis de funcional a práctico así de chulo como podedes ver na presentación.
As familias dispoñen de prazo ata o 19 de xuño para presentar neste centro
educativo as correspondentes solicitudes.
Premer no PDF para descargar a solicitude
• Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado
matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. A asignación de
libros de texto correspondente a estes cursos, farase por orde inversa á
renda per cápita da unidade familiar.
Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao
fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter
devolto os libros, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben
adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros
de texto.
• O alumnado de 1o e 2o de Primaria e de Educación Especial poderá
optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía
entre 140 e 210 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de
275 euros para o alumnado de Educación Especial.
- Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 210 euros
- Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 10.000 euros: 140
euros
- A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material
escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou
inferior a 6.000 euros.
Normativa:
https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
O grúfalo | https://www.youtube.com/watch?v=KmHgPDZW0h4 |
A vaca que puxo un ovo | https://www.youtube.com/watch?v=qhVefk9RKps |
A casa da mosca chosca | https://www.youtube.com/watch?v=CfzEpFwj1_E |
Paco papán | https://www.youtube.com/watch?v=X8Bl9HY55sk |
O casacbel da gata | https://www.youtube.com/watch?v=-8iRAhOtWZs |
Corre corre cabaciña | https://www.youtube.com/watch?v=Eiypr98wXWE |
Cocorico | https://www.youtube.com/watch?v=VtyHS-t-laM |
O galo quirico | https://www.youtube.com/watch?v=2-drk7h-3rU |
Sabela Gago gravou un conto titulado "Xoaniñas" para todos os nenos e nenas que forman parte do noso centro escolar.
Sabela díxome que vos estraña moito,que ten moitas ganas de estar con vós e de contarvos moitas historias.
E que vos manda moitos Bicos
E tamén vos propón unha serie de actividades
Dende o EDLG do CEIP CARLOS CASARES conmemoramos á vez o Día do Libro en galego e as Letras Galegas 2020 co vídeo do noso alumnado "LEAMOS EN GALEGO"
Con moito agarimo e que a lectura non falte nestes días.
As fotografía e citas engadidas foron obra das familias
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |