Skip to Content

AXUDAS Á COMPRA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR OU ACCEDER AO FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO 2019/2020

As familias dispoñen de prazo ata o 21 de xuño para presentar neste centro

educativo as correspondentes solicitudes.

Premer no PDF para descargar a solicitude

 https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/70808

DESTINATARIOS

• Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado

matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. A asignación de

libros de texto correspondente a estes cursos, farase por orde inversa á

renda per cápita da unidade

familiar.

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao

fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter

devolto os libros, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben

adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros

de texto.

O alumnado de 1o e 2o de Primaria e de Educación Especial poderá

optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía

entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de

250 euros para o alumnado de Educación Especial.

 - Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros

 - Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 euros: 90

euros

 

 - A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material

escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou

inferior a 5.400 euros.

Normativa:

 https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros



page | by Dr. Radut