Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019/2020

1. CALENDARIO E PRAZOS

  • RESERVA DE PRAZA. 1 A 15 DE FEBREIRO. Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Cidade de Antioquía.
  • DESEMPATE (27 FEBREIRO). Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado. 
  • VACANTES. ANTES DO 1 DE MARZO. Publicación das vacantes que hai no centro
  • SOLICITUDES DE ADMISIÓN. 1 a 20 de MARZO. Presentación de solicitudes.
    • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 10 DÍAS HÁBILES a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes. 
  • LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 24 DE ABRIL. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar do 25 de abril ao 2 de maio)
  • LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 14 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante a Xefatura Territorial no prazo de un mes).
  • MATRÍCULA. DO 20 AO 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.

 



page | by Dr. Radut