Skip to Content

Alerta AMARELA E LARANXA por nevadas os días 22 e 23 de marzo en Galicia

ANUNCIO DA CONSELLERÍA:

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense (Concello de Xinzo de Limia, entre outros)

Así mesmo, suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos, con seguimento das condicións climáticas.

Máis información en: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21563

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21565



page | by Dr. Radut