Alumnado

Iniciar sesión

curso 2008-2009

Entrega de orlas.

No último día de curso, logo da actuación da compañía de títeres Tanxarina,
entregamos as orlas ao alumnado que remata educación infantil e educación primaria,
así como os premios aos nenos e nenas que obtiveron algún premio nos concursos de galego.
Feliz verán a todas e todos!.
 

Monte Aloia

O monte Aloia, en Tui, é un espazo natural de altísima riqueza ecolóxica.

As nenas e nenos de 2º ciclo tiveron ocasión de comprobalo.

 

Letras Galegas 2009: Ramón Piñeiro

Para saber un pouco máis sobre a vida de Ramón Piñeiro, podedes ver esta presentación.

 

 

Visita ao Museo de Pontevedra

O día 28 de maio, as nenas e nenos de 5º e 6º fomos ao Museo de Pontevedra.
Levabamos unha acompañante moi especial:
Rachel, a profesora inglesa que estivo con nós unha semana.
Encantous a excursión, e "flipamos" coas cousas que vimos no museo.
Aínda que non deixan sacar fotos dentro, aquí tedes algunhas das que fixemos fóra.

Serra da Groba

Ao longo da primeira semana de xuño, todo o alumnado de primaria participa nunhas
saídas didácticas pola Serra da Groba.
Grazas ao material proporcionado polo Instituto de Estudos Miñoranos,
temos acceso á información necesaria para preparar esa visita,
porque só desde o coñecemento podemos apreciar o noso patrimonio en todo o seu valor.
Aquí tedes esa presentación.
E aquí están as fotos das excursións. Foi unha experiencia extraordinaria.
1º ciclo
2º ciclo
3º ciclo

Día da Paz

Para celebrar o día da paz, este ano fixemos unhas propostas sobre
a importancia de traballar en equipo.
Con ese obxectivo, aprendimos o significado de palabras como
tolerancia, consenso, comunicación, autocontrol,
solidariedade, respecto, colaboración, consenso ...
Esta é a presentación que elaboramos entre tod@s. 

 

 

Saída ao museo Marco

A arte tamén vale para @s máis pequen@s.

As nenas e nenos de educación infantil foron ao Museo de Arte Contemporénea de Vigo,

e ademais das actividades que alí lles tiñan preparadas

tiveron a oportunidade de escoitar a un violinista que tocou en exclusiva para el@s.

 

 

Visita ao Zoo de Vigo

O día 27 de maio, coincidindo coa chegada do calor,

as nenas e nenos de 1º e 2º visitaron o Zoo de Vigo.

Aprenderon en vivo e en directo moitas cousas sobre os animais.

 

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2009

Un ano máis, profesorado e alumnado preparamos

unhas actividades para representar diante das familias.

A través delas queremos enfrontarnos a actuar diante dun público,

aprender o difícil e gratificante que resulta traballar en equipo

e -ademais- renderlle unha homenaxe á lingua galega.

Actuacións de ed. infantil

Actuacións de 1º, 2º e 3º

Actuacións de 4º, 5º e 6º

Letras Galegas 2009

Ramón Piñeiro naceu en Armea, Láncara, provincia de Lugo o 31 de maio de 1915.

De non ter falecido, axiña cumpriría 94 anos.

A Real Academia Galega adicoulle este ano o Día das Letras Galegas

pola entrega total e desinteresada da súa vida

en defensa da lingua e da cultura galega,

así como polo impulso que deu á normalización da lingua.