« Marzo 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

RESERVA ADMISIÓN E MATRICULA PARA O CURSO 2018-2019

 

VACANTES INICIAIS NO PROCESO DE ADMISIÓN

CURSO 2018-2019

NIVEIS

VACANTES

4º E.I.

22 +3 ANEAE*

5º E.I.

4

6º E.I.

8

1º E.P.

1 +3 ANEAE*

2º E.P.

0

3º E.P.

24

4º E.P.

0

5º E.P.

0

6º E.P.

19

 

*ANEAE: alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

 

 

  XORNADA DE PORTAS ABERTAS:

Para as familias de nova matrícula 06/03/2018 QUENDAS:  10:30-11:30 e 17:15-18:15 horas

 

 

 RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019

CEIP CARLOS CASARES (NIGRÁN)

NORMATIVA REGULADORA:

  • Orde do 12 de marzo de 2013 do procedemento para admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos (DOG 15/03/2013)
  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a orde anterior citada (DOG 1/02/2017)

 

CENTROS ADSCRITOS: IES Proval, para o alumnado que remata 6º de Educación Primaria.

 RESERVA DE PRAZA NO CENTRO AO QUE SE ESTÁ ADSCRITO:

o   Data do 1 ao 15 de febreiro.

o   Documentación: solicitude ANEXO I

PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES: Antes do 1 de marzo.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO:

o    Prazo do 1 ao 20 de marzo.

o    A solicitude, ANEXO II, pódese  presentar de forma presencial no centro ou electrónica a través  da  aplicación<admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

o    Fotocopia libro familia completo.

o    Volante de empadroamento

o    Fotocopia de sentenza de separación, se é o caso.

NO CASO DE QUE A DEMANDA DE PRAZAS FOSE SUPERIOR Á OFERTA:

o    Prazo: 10 días hábiles contados  partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

o     Documentación: As familias terán que presentar a documentación xustificativa dos criterios de admisión alegados pola persoa solicitante.

PUBLICACIÓN PROVISIONAL DE LISTAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO:  ata o 25 de abril.

Haberá 5 días para reclamacións ou presentación de documentación complementaria.

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: antes do 15 de maio. Pódese presentar recurso no prazo dun mes.

FORMALIZACIÓN da MATRÍCULA do alumnado admitido:

o    Prazo: do 20 ao 30 de xuño.

o    Documentación: ANEXO III e documentación solicitada polo centro.

IMPORTANTE:

o   Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude, no centro que solicita en primeiro lugar. A presentación en varios centros suporá a perda de dereitos. Deben indicarse outros centros, por orde de preferencia, onde desexa ser admitido en caso de non haber prazas.

o   O alumnado ten garantida a permanencia no centro no que está matriculado, no caso de presentar solicitude de admisión noutro centro deberá comunicalo ao centro de orixe.

 

ÁREAS DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquias de Vilariño, Parada e San Pedro da Ramallosa.

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS: Coidadora de primeira hora, comedor escolar e transporte.

 

Equipo Directivo do CEIP CARLOS CASARES.

Febreiro  2018

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2018

Nun mundo de fiestras pechadas,
Buscamos o refacho de vento que as abra de vez.
Rosalía é un refacho que canta á vida.
Un refacho que chega dende o pasado,
Para falar do futuro.
É o refacho que busca abrir as nosas fiestras.
Máis para que o refacho entre,
precisa da nosa vontade.
Pídenos imperiosa: Abride a fiestra!!!
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio.
Abride a fiestra porque Rosalía de Castro
é o mundo que está por facer.
Un mundo que so se abre se nós o abrimos.
María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#AbrideAFiestra

SAMAÍN e MAGOSTO 2017

Deixámosvos un pequeno resumo do que foi a festa do Samaín e Magosto deste ano, moitas grazas ao traballo das familias coas cabazas que ambientaron o centro con moita arte...

 

Pasámolo de MEDOO!