Alumnado

Iniciar sesión

Homenaxe ao alumnado de 6ºEP

Entre os sabores agridoces dos finais de curso está a despedida do alumnado de 6ºEP, toca  pechar unha etapa, despedir e desexar o mellor a estes nenos e nenas que compartiron vida con nós, dicirlles que o Carlos Casares sempre será seu, comezar a botal@s de menos ao pasar por el@s nos corredores, facel@s protagonistas en cada instante, esgotal@s, apurando apertas e olladas.

Neste 2020 toca facelo doutro xeito, e xa é hora de comezar, alá vai a nosa primeira homenaxe ao alumnado de 6º, haberá máis!!! QUERÉMOSVOS!!