« Marzo 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

 

 

Prezadas familias:

 

Como ben sabedes ordenouse a suspensión  das clases para o período que comprende desde o luns 16 de marzo ao domingo 29.

 

Dada a excepcionalidade desta medida preventiva e coa idea de que o alumnado continúe ou manteña unha mínima rutina de traballo, desde cada titoría  proporanse  unhas tarefas para realizar na casa.

 

A planificación semanal  das mesmas subirase a páxina web do centro https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarloscasares/

As familias que non teñan acceso a internet poderán recoller a planificación no propio centro en horario lectivo, o luns e martes de cada unha das semanas, sempre que non cambien as indicacións da consellería de manter abertos os centros. Neste caso, a comunicación será exclusiva na web ou no correo electrónico do centro, ceip.carloscasares@edu.xunta.es

 

Confiamos en que esta medida consiga frear a pandemia do covid-19 e que a responsabilidade cidadá axude a que pronto podamos regresar as aulas e á vida cotiá.

 

Atentamente, o equipo de profesorado.                                             Nigrán, 13 de marzo de 2020.