You are hereEscolares

Escolares


Día internacional da familia... A película!!

O pasado venres 15 de maio celebrouse o Día Internacional da Familia, este é o motivo polo que queremos felicitarvos (cun chisco de retraso debido a problemas técnicos) dunha forma orixinal e diferente a como o viñamos facendo no cole. Este ano a gran familia do CEIP Canosa-Rus está dispersa pero unida na distancia.

TAREFAS PARA A SEMANA DO 18 AO 24 DE MAIO

Estimadas familias:

Xa estamos na metade do mes de maio! Como estades? Esperamos que sigades todos e todas moi ben!

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O CURSO 2019/20

En base ás Instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, colgamos nesta entrada as adaptacións das programacións dos diferentes cursos e especialidades para o remate do curso 2019/20. Para calquera aclaración remitirse polas vías que veñen sendo habituais aos mestres/as correspondentes. 

TAREFAS PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Estimadas familias:

Hoxe comeza o 3º trimestre dun xeito moi pouco habitual para todos e todas. O primeiro, dende o claustro de profesorado, desexamos que todas as familias esteades ben. Enviámosvos moito ánimo, xa queda menos!

TAREFAS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Nos enlaces adxuntos podedes atopar a proposta de actividades de educación infantil para esta semana. No arquivo " Indicacións de educación infantil do 30 de marzo ao 3 de abril" está todo explicado. No seguinte enlace tedes o caderno de actividades.

Moito ánimo e ante calqueda dúbida, podedes  contactar directamente cas titoras  a través do abalarMóbil. contactar chamando aos teléfonos do centro ou escribindo ao correo electrónico do cole .

https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn%3Aaaid%3Ascds%3AUS%3A...

TAREFAS DE 1º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Nos enlaces adxuntos podedes atopar a proposta de actividades de 1º a 6º de eduación primaria  para esta semana. 3º A e 3º B están explicados no mesmo documento. Moito ánimo e ante calqueda dúbida, podedes contactar chamando aos teléfonos do centro, escribindo ao correo electrónico do cole ou contactando cos titores/as a través do abalarMóbil. 

TAREFAS DE INGLÉS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Nos documentos de inglés relativos a cada curso atoparedes a programación para facer cada día, respectando as sesións semanais que ten cada grupo no seu horario. Ao final do documento, facilítanse as solucións a cada unha das tarefas para que poidades comprobar se o alumno/a as realizou correctamente.

Naqueles casos nos que non sexa viable imprimir a ficha que aparece no documento, o adulto que esté colaborando no desempeño das tarefas, indicaralle ao alumno unha alternativa como, por exemplo facelo nun folio ou coa pantalla (sobre todo en 1º EP).

TAREFAS DE EDUCACIÓN FÍSICA, MÚSICA E RELIXIÓN PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Nos enlaces adxuntos  atoparedes  a proposta de actividades das áreas  de educación física, música e relixión para esta semana. Moito ánimo e ante calqueda dúbida, podedes contactar chamando aos teléfonos do centro, escribindo ao correo electrónico do cole ou contactar por medio do  abalarMóbil. 

Gañador@s do III Premio Concepción Arenal de igualdade de xénero

A Deputación da Coruña acaba de facer público o fallo dos terceiros premios Concepción Arenal de proxectos educativos para a igualdade de xénero e o noso centro foi o gañador na modalidade de educación primaria.

Artes escénicas para escolares no Concello de Coristanco

Dende o Concello de Coristanco organizaron un mes de artes escénicas para escolares, novembro, no que o nono centro  participará moi gustosamente . Os nosos/as rapaces/as disfrutarán de diferentes obras de teatro na Casa da Cultura do Concello. Este ano os autobuses son postos polo Concello, polo que estas saídas serán totalmente gratuítas. As datas son as seguintes:

Mércores 2 de novembro: 5º e 6º de Educación Infantil, coa obra " O día que chegou unha nube e choveu", ás 10:00h.

O CEIP Canosa-Rus está de noraboa.

A Deputación da Coruña acaba de facer público o fallo dos premios Concepción Arenal de proxectos educativos para a igualdade de xénero e este centro foi o gañador na modalidade de infantil. O noso proxecto "Sementando a igualdade no rural" convenceu ao xurado pola implicación de toda a comunidade educativa e doutras entidades da contorna.

Eventos

« Maio 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

 

BLOGUES DO COLE

 BLOG DE LEOTECA

 BLOG DE AULA

 

 

BLOG EDLG

vente vindo

 

O sabor da aventura no mar