You are here3º ciclo de EP

3º ciclo de EP


Programación didáctica 2014/2015 sticky icon

Picando na imaxe poderedes acceder e descargar a programación didáctica de 5º curso de Educación Primaria.

Actividades varias neste mes de outubro: Asociación Íntegro e Asociación Vieiro.

O  xoves día 20 de outubro tivemos unha visita no centro para o alumnado de 6º de EP da Asocaión Íntegro coa campaña da prevención da lesión medular. Tres chicos contáronnos a súa experiencia na biblioteca do cole e despois os rapac@s puideron disfrutar con eles do deporte en cadeira de rodas probando a xogar ao baloncesto e a outros deportes. Agradecemos  a participación de Íntegro e de estes chicos no noso centro, foi unha xornada moi enriquecedora e divertida para o noso alumnado.

Novo blogue

Queremos convidarvos a un novo blogue dos alumnos/as de 6º de E.P., que se chama "Os parlanchíns". Tedes o enlace na columna da dereita, xunto cos demais blogues do centro.

Campo a través en Cee

O día 5 de decembro os nenos/as de 3º e 5º de primaria acudiron á localidade de Cee para participar nunha carreira de campo a través con outros centros da zona de Costa da Morte. O día acompañou e puideron disputar as diferentes distancias sen preocuparse por chegar mollados/as á meta.

Carreira campo a través en Cee

O próximo venres 5 de decembro os nenos/as de 3º e 5º de E.P. participarán nunha carreira de campo a través que está incluida no programa deportivo, organizado pola Xunta de Galicia, Xogade. A proba realizarase na localidade de Cee. Os rapaces/zas terán que correr diferentes distancias en función do seu ano de nacemento, ubicándose deste xeito en diferentes categorías. Esta é a primeira fase, no caso de clasificarse algún neno/a para a seguinte proba notificariamolo coa suficiente antelación.

Webquest sobre o Entroido

O titor de 5º de E.P. proponlles aos alumnos/as de 3º ciclo unha webquest para que aprendan máis sobre A festa do Entroido. A través desta actividade poderanse coñecer novos datos e nova información sobre esta festa de Galicia.

Se picades no enlace poderedes acceder ao blogue onde está aloxada esta webquest.

Novo blog de aula

Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria do noso centro veñen de por en marcha un novo blog de aula, chamado Canosinosrus, no que poderedes ver o que estes nenos/as fan nas clases. Agardamos que vos guste, e para que comproben que o visitades non vos olvidedes de deixar algún comentario nas entradas, así conseguiredes motivalos e tamén axudalos a que melloren. Lembrade que un Blog aliméntase dos vosos comentarios.

Quinto Canosa - "A ratiña feroz"

Esta é a actuación que fixeron os nenos/as de 5º no teatro Lido na súa edición 2012. Presentámosvola grazas ao bo traballo que fixeron os profesionais de RadioVoz, ademais podedes consultala na edición dixital de La Voz de Galicia edición Carballo.


4:52 minutes (4.46 MB)

Eventos

« Maio 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

ACTIVIDADES ESCOLARES

 

BLOGUES DO COLE

 BLOG DE LEOTECA

 BLOG DE AULA

 

 

BLOG EDLG

vente vindo

 

O sabor da aventura no mar