You are herecontent / Medidas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado.

Medidas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado.


By admin - Posted on 13 Marzo 2020

Dende o claustro de mestres/as do CEIP Canosa-Rus queremos comunicarvos as seguintes cuestións:

Sistema de comunicación co centro:

Para poñervos en contacto co equipo directivo ou co profesorado podedes comunicarvos a través dos números de teléfono do centro: 881880382 /881880381 ou ao correo electrónico do centro que é :  ceip.canosa.rus@edu.xunta.es

Durante estes días debedes estar atentos a esta páxina web e á páxina da consellería http://www.edu.xunta.gal/portal/

Respecto ás tarefas recomendadas  que estes días os nenos/as poden  facer nas casas:

En Educación Infantil:

·     Conteo con elementos habituais, pintar con 3 cores escollidas, coller “x” número de escarvadentes, cubos, etc.

·     Pintar números, letras… e decorar con cores, pegatinas, papeis de diferentes tipos.

·     Facer algún experimento https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/experimentos/experimentos-caseros-para-ninos/; https://www.pequeocio.com/experimentos-para-ninos/

·      Participar en actividades cotiás para fomentar a autonomía.

·      Debuxos, pintar, colorear con diferentes técnicas ou materiais. Por exemplo, pintar un debuxo secreto con ceras brancas, pintar por enriba con acuarelas para descubrilo.

·      Manualidades  https://www.pequeocio.com/manualidades-faciles-para-ninos/; https://saposyprincesas.elmundo.es/especiales/manualidades-de-3-a-6-anos/

·      Lectura de libros, contos…

 En Educación Primaria:

Cada  titor/a e mestres/as especialistas, baixo o seu criterio,  enviáronlle  ao seu alumnado os libros  de texto e materiais  para realizar tarefas durante as  seguintes semanas como: repaso dos temas e dos contidos xa traballados,  libros de lecturas, redaccións de textos para o Certame Literario, fichas de repaso, etc. 

Recomendamos que os pais/nais organicen un horario  cos seus fillos/as no que se inclúa de xeito rutinario a realización das tarfas enviadas. 

Pouco a pouco iremos colgando nesta páxina web enlaces de interese para novos traballos e de prolongarse esta situación, iremos xuntando novas fichas por cursos. 

Alentamos a que o alumnado non perda o hábito de traballo durante estes 14 días e que poidamos ver este parón como unha oportunidade para traballar en familia.

 

Etiquetas

Eventos

« Xuño 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

ACTIVIDADES ESCOLARES

 

BLOGUES DO COLE

 BLOG DE LEOTECA

 BLOG DE AULA

 

 

BLOG EDLG

vente vindo

 

O sabor da aventura no mar