Skip to Content

Comezo da xornada continuada de xuño

Informámoslles que o luns 3 de xuño comeza a xornada continuada, con horario de 9:30h a 14:30h. O xantar faise de 14:30 a 15:35h. Se algún alumno/a non se vai quedar a comer no comedor escolar, debe comunicalo.

O venres 21 celebrarase a festa de fin de curso ( subvenciona a ANPA). Este día a xornada será reducida, de 9:30h a 12:30h.

Recordámoslles que o día 13 de xuño non haberá clase por ser o día elixido polo concello de Coristanco como festivo local ( celebrase San Antonio, de Agualada).

Aproveitamos para recordarlles tamén que convén entregar o antes posible as solicitudes de libros de texto en secretaría para ir axilizando toda a tramitación ( remata o prazo de entrega o día 21 de xuño). Poden recoller os impresos en conserxería ou .descargalos da páxina web do colexio.



page | by Dr. Radut