You are herecontent / Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2019-2020

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2019-2020


By admin - Posted on 22 Maio 2019

Publicada a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

O prazo para presentar das solicitudes  rematará o venres 21 de xuño de 2019 (este incluído).

Podedes acceder ás solicitudes no seguinte enlace ou de modo telemático tal e como se explica na orde e nas circulares. 

ANEXO I e II

Tamén podedes recoller as solicitudes na conserxería do centro.

Os alumnos/as de 6º de EP, terán que solicitar as axudas no Instituto  no que vaian a cursar os seus estudos de secunadaria.

As circulares con toda a información para 1º e 2º de EP e as circulares para 3º, 4º, 5º e 6º de EP están nos seguintes enlaces. Nestas circulares teñen o horario do equipo directivo para entregar a documentación.

AdxuntoTamaño
CIRCULAR 1º E 2º EP (2).pdf536.59 KB
CIRCULAR 3º,4º,5º e 6º EP (1).pdf509.27 KB

Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

 

vente vindo

O sabor da aventura no mar

 

BLOGUES