Skip to Content

FESTIVAL "AS MIL E UNHA LENDAS"

Como xa sabedes dende Leoteca estamos levando a cabo o PDI LENDARIO. Por este motivo este ano o noso festival de Nadal está relacionado con contos, lendas, mitos, a nosa cultura e outras temáticas. O festival será o próximo xoves no IES Alfrado Brañas de Carballo, ás 10:00h da mañá. Os nenos/as virán ao colexio en trasporte habitual ás 9:30h e sairan do colexio para as casas ás 12:30 horas. Este día xa non hai comedor escolar xa que a xornada será reducida. Ao instituto irán en autobuses cas mestras/es.

Estades todos convidados/as a asistir a ver aos vosos fillos/as. Debedes ser puntuais ( chegar 10 minutos antes)  xa que o espectáculo comeza ás 10:00h da mañá. Dende o cole gustaríanos darlles as gracias á dirección e conxersería do IES Alfredo Brañas por cedernos o seu salón de actos. Esperamos que vos guste moito todo o que os vosos fillos/as prepararon con ilusión. 

E a continuación podedes ver a invitación que redactaron oa alumnos/as de 6º de EP. Ata o xoves!



page | by Dr. Radut