Adiviña a palabra con "Wordle"
Chega ao galego "Wordle". Un xogo dixital para adiviñar palabras en aberto na rede. Só se pode buscar un palabra por día.
Desenrolo:
-Escríbese unha palabra de 5 letras en galego e logo dámoslle a "Intro" (Enter).
- As letras que saian en verde están ben colocadas, en amarelo están na palabra pero non no seu sitio. En gris, son letras que non están na palabra. Hai seis intentos para descubrila.
Versión en galego creada por Abraham Martínez Gracia. Ligazóns relacionadas: Facer o mesmo xogo en portugues. - Idem en inglés - En español. Este xogo atópase nesta páxina web na Etiqueta "Xogos Educativos".