Magosto, Nadal, Entroido, Deporte Escolar, Saídas, Festivais, Actividades

Final Comarcal de Campo a Través

O martes 27 de xaneiro celebrouse no Puzo do Lago a final Comarcal de Campo a Través. Participaron ademáis doutros, todos os centros da vila e da comarca.

Noraboa a todos os participantes, e dun xeito moi especial aos gañadores!

SPINDERELLA: Interactive Theatre in English

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria acudiron o mércores día 21 de xaneiro, a unha sesión de Teatro Interactivo en inglés, no Auditorio de Ourense. A obra titulábase "Spinderella" e foi representada por Blue Mango Theatre:

A MODERN MUSICAL VERSION OF CINDERELLA ...

Cindy has always dreamed of being a famous pop star, but the only time she can sing is when she is doing the housework for her older sister, Becky. When Cindy’s fairy godfather “The Karaoke King” arranges for her to go to the singing competition, it looks like her dreams might come true. But not if Becky can help it….

This entertaining comedy is a modern version of the classic Cinderella story, and includes the following themes; healthy eating, active living and following your dreams.

Ademáis para complementar a saída, visitaron o Claustro de San Francisco. Unha mañá moi aproveitada!

 

 

Festival de Nadal 2014

O xoves día 18 de decembro celebramos o Festival de Nadal no Centro, que estivo organizado do seguinte xeito:

EDIFICIO CALVO SOTELO (xoves 18 ás 15:30 h.)

  • É Nadal (power point)
  • Panxoliña: la orquesta original (4 anos)
  • Poema: Papá Noel despistado (4 anos)
  • Canción: o inverno (3 anos)
  • Los cuentos van a Belén (5 anos)
  • Chistes (5 anos)
  • Panxoliña: los colores vamos al portal (todos)
  • Visita de Papá Noel, organizada polas familias.

EDIFICIO CAMPO FEIRA (xoves 18 ás 15:30 h.)

Popurri (todos xuntos):

  • Campanita del lugar.
  • Imos a Belén.
  • Los peces en el río.
  • 25 de Nadal.
  • Dádenolo aguinaldo.
  • Un feliz Nadal.
  • Visita de Papá Noel, organizada polas familias.

EDIFICIO UCEIRA

ED. INFANTIL ás 10:15 h.

  •  Villancico: la vaca haciendo mu (3 anos).
  • Dramatización: buscando Papá Noel a árbore de Nadal (4 anos).
  • Canción: en Navidad (5 anos)
  • Canción aquella estrella de allá (todos)

5º e 6º de ED. PRIMARIA ás 11:00 h. 

  • Poesía: el pantalón de Papá Noel 5º A.
  • Villancico: los peces en el río 6º A.
  • Baile: adrenalina 6º A.
  • Baile: bad 6º B.
  • Canción: si no te quisiera 6º C.
  • Rap 6º C.
  • Canción: si me voy 6º C.
  • Canción: la, la, la, 6º C.
  • Villancico: hoy he visto una estrella (6º todos).

1º, 2º e 3º B de ED. PRIMARIA ás 12:15 h.

  • Canción: Dominick the donkey 1º A.
  • Baile: let it snow 1º B.
  • Canción: the little snowman 1º C.
  • Panxoliña: Rinio 2º A.
  • Teatro: as pousadeiras de Papá Noel 2º B.
  • Canción: solo con tres letras 2º B.
  • Teatro: as boneca de Rosiña 2º C.
  • Canción y poema: lluvia 3º B.

Visita a Fundación Coren en Razamonde

O día 2 de decembro de 2014 os alumnos e alumnas de 5º de primaria visitaron a Fundación Coren en Razamonde. Alí acompañados dos seus mestres e de dous monitores coñeceron o que é o cooperativismo, viron unha incubadora, galiñas, ovellas e coellos aos que poideron tocar e acariñar.

Viron como funcionaban as placas solares que xeraban a enerxía dalgúns locais e plantaron unhas sementes nos bricks que levaban.

Por último comeron nas instalacións da Fundación, regresando despois da comida ao colexio.

Unha experiencia moi interesante!

Campo a Través

O xoves, día 27 de novembro, participamos na 1ª proba de Campo a Través, celebrada como todos os anos no Puzo do Lago en Maside.

As clasificacións son as seguintes:

Para ver máis fotos premer na LIGAZÓN

Día contra a Violencia de Xénero

Cada día 25 de novembro ten lugar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cos obxectivos de concienciar e erradicar este grave problema que unha lacra para a sociedade.

No cole, hoxe, todos levamos un lazo violeta para recordar este día, e fixemos varios traballos que expuxemos na entrada do cole.

 

Magosto 2014

O martes 11 de novembro pola tarde, celebramos o Magosto no Centro, con festas en cada titoría, e degustación de castañas asadas.

Durante a semana anterior, cada aula elaborou murais alusivos ao tema, que formaron parte dunha exposición, da cal podedes ver os traballos orixinais que se presentaron.

 

Festival Fin de Curso 1ª Parte

primeira parte do Festival de Fin de Curso 2013-2014 foi para Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria e celebrouse o martes día 17 de xuño.

As actuacións foron as seguintes:

  1. Coreografía Fanki (1ª parte) coa canción "Bailando" de Enrique Iglesias por nenos e nenas de 3º.
  2. Conto: "A Maxia dun Xoguete", por nenos e nenas de 1º C.
  3. Cancións dos alumnos e alumnas de primeiro:
    • "Imos Bailar" 1º A
    • "Nadando sen parar" 1º B
    • "Imitar" 1ºC
  4. Cancións de Ed. Infantil:
    • "O Xogo da Carrasquiña" 3 anos.
    • "O Pirimpimpin" 4 anos.
    • Coreografía da canción "Grease" 5 anos.
  5. Escenificación da canción "Papaventos de Papel" por os nenos e nenas de 2º A e 2º B.
  6. Posta en escena da canción "E ti, telo, telo" por alumnos e alumnas de 2º B e 2º C.
  7. Dramatización da obra de teatro "Mulleres dun tempo" a cargo de alumnos e alumnas de 3º e algúns de 4º.
  8. Canción "A Xoaniña" por nenos e nenas de 1º B.
  9. Coreografía Fanki (2ª parte) coa canción "Bailando" de Enrique Iglesias por nenos e nenas de 3º.

Disfrutade vendo as seguintes imaxes do evento!

Excursión de 5º de Educación Primaria

Os nenos e nenas do 5º de primaria foron de excursión o día 28 de maio: Visita guiada a Pontevedra e Parque Natura de Marín foi o máis destacado do día.

 

Visitamos Allariz

Os nenos e nenas do 1º ciclo de primaria visitaron Allariz o día 28 de maio: o museo do vestido, o museo do xoguete, unha escola de hípica, etc.

Que divertido!

 



Distribuir contido