Magosto, Nadal, Entroido, Deporte Escolar, Saídas, Festivais, Actividades

Fase Provincial de Xogade

O domingo día 6 de marzo, pola mañá, o noso centro participou nas categorías de infantil masculino, alevín masculino e feminino e benxamín masculino, na fase provincial de campo a través do Programa Xogade da Xunta de Galicia, que se celebrou en Monterrei. 

Na categoría alevín masculino, o noso alumno Xian Luis Domínguez quedou no primeiro posto e quedou clasificado para a final que se celebrará na Estrada.

Noraboa a todos os participantes!

Campionato de Badminton

O mércores 2 de marzo participamos na xornada de bádminton da comarca do Carballiño, organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro e coordinada por Cristina, nas instalacións do IES Nº 1 do Carballiño.

O noso centro tivo 10 representantes na categoría alevín masculino e feminino.

Participaron os colexios de Boborás, Irixo, Vila do Arenteiro, Amoeiro, e por suposto o noso. Foi unha xornada intensa na que ademais de competir, convivimos cos compañeiros doutros centros.

Técnicos de Animación

Algúns alumnos e alumnas de 6º A convertéronse en técnicos de animación por un día e probaron a traballar coa técnica do STOP MOTION. Aquí podedes ver algúns dos vídeos, a verdade é que lles quedaron bastante ben!

DANCING MUMMY - Guillermo Barreiro Lois

A DAY IN THE BEACH -  Antía González Vázquez

DESFILE PRIMAVERA NEW YORK - Arantx García Bernárdez

XIAO YING - Mateo Fernández Filloy

I WANT PIPES - Silvia Bugallo Ramos

Entroido 2016

O venres 5 de febreiro celebramos no cole a festividade do Entroido. Profes, alumnos e alumnas divertímonos coas actividades organizadas polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.

  • Taller de elaboración de Mecos.
  • Desfile.
  • Loita de Mecos.

 

2ª proba do campo a través

O día 2 de febreiro, despois dun aplazamento por causa da choiva celebrouse a segunda proba de campo a través, no Puzo do Lago de Maside. Nela participamos varios centros do contorno e os nosos alumnos e alumnas quedaron acadaron unhas boas clasificacións.

Semana do Entroido 2016

Do 1 ao 5 de febreiro celebramos no centro a Semana do Entroido. Con este motivo, e dado que o lema da nosa biblioteca este ano é "os maiores tamén contan", durante esta semana viremos disfrazados da parella de velliños da película "UP".

Día da Paz

O venres día 29 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da Paz, cun acto organizado polo Equipo de Convivencia do Centro.

Os nenos e nenas trouxeron durante a semana un zapato decorado con motivos sobre a paz. Con eles compúxose a palabra PAZ no patio do colexio e profes, alumnos e alumnas situándonse ao seu arredor, leron un manifesto e cantaron a canción "Tu enemigo" de De Juanes e Pablo López.

Preme nas fotos para ver os zapatos decorados e o acto.

 

Festival de Nadal 2015

O día 17 de decembro celebramos o festival de nadal para os nenos e nenas de educación primaria. Estivemos acompañados de pais, nais, avós, avoas e outras persoas achegadas.

Esperamos que disfrutarades con todos nós, nenos, nenas, profesores, profesoras que traballamos a reo para que este festival fora un momento de unión entre familias e colexio, que traballamos pola educación dos nenos e nenas para que sexan uns homes e mulleres iguais, tolerantes, solidarios,... en definitiva "xente de ben"

Ogallá vos gustara!

 

Só nos queda desexarvos unhas moi BOAS FESTAS DE NADAL. Disfrutade das vacacións, das comidas, dos agasallos e sobre todo da compañía dos seres queridos. Vémonos o vindeiro ano 2016, o día 7 de xaneiro.

FELICIDADE A TODOS E TODAS!

Adornos de Nadal

Este ano, o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias solicitou a colaboración de todas as familias, para que axudaran aos seus fillos e fillas na elaboración de adornos de Nadal para decorar o centro.

O resultado foi espectacular; botas, bastóns, estrelas, bolas e papás noel encheron o cole do espíritu navideño.

Gracias pola vosa colaboración!

 

Títeres: "Lío en la granja"

O pasado día 14 de decembro os alumnos e alumnas de 1º e 2º de E.P., acudiron ao Auditorio de Ourense a ver a obra de títeres "Lío en la granja".

Nesta divertida actuación, o alumnado puido pasar unha mañá distinta, pero aprendendo ao mesmo tempo valores tan importantes como o respeto polo compañeiros e o perigo dos prexuizos sociais, o perdón ante un erro e a necesidade de non xulgar antes de tempo a ninguén. Todo isto, maxistralmente transmitido a través dun espectáculo dinámico e orixinal da compañía Comediants La Baldufa.

 

Distribuir contido