Magosto, Nadal, Entroido, Deporte Escolar, Saídas, Festivais, Actividades

Saída ao Balneario e ao Río Arenteiro

Os nenos e nenas de Educación Infantil do Campo da Feira, fixeron unha pequena saída ao seu entorno máis próximo: Balneario e Río Arenteiro.

Alí comprobaron o outono en todo o seu explendor.

Ler máis e ver imaxes

Curso 2013-2014

Co gallo da celebración da FESTA POPULAR DO MAGOSTO, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, propuxo a elaboración, por parte de cada titoría, dunha receita de cociña cuxo ingrediente principal tiña que ser a CASTAÑA.

Participaron todos dende os máis pequenos ata os maiores do cole. 

 

 

 

Velaquí o resultado!

 

 

Bo proveito!


Os alumnos e alumnas tamén colaboraron con manualidades, debuxos e murais para decorar os corredores e as aulas do centro.

 

 

Para rematar festexamos o día con xogos, comendo castañas asadas e facendo pequenas festas.

 

  

 

Infantil e 1º ciclo de Primaria

En primeiro lugar actuaron os nenos e nenas de 4ºA, representando o teatro musical: ORQUESTRA VARÓN DANDY.

ENLACE

Despois sairon ao escenario os nenos e nenas de Educación Infantil que nos escenificaron as seguintes cancións:

3 anos- O CARACOL, COL, COL, do grupo Pirilampo.

4 anos- COSQUILLAS do Canta Juego.

5 anos- SETE CORES do grupo Pirilampo

ENLACE

A profe Gloria de 5 anos, despediuse dos seus alumnos e alumnas cun poema, e despois entregoulle un diploma e a orla a todos os nenos e nenas que rematan infantil, para incorporarse o vindeiro curso á primaria.

ENLACE

A continuación tocoulle actuar aos nenos e nenas de 1º curso de Primaria coa escenificación da obra con baile: RATONES Y GATOS.

ENLACE

Deseguido subiron ao escenario os alumnos e alumnas de 2º curso para agasallarnos coa posta en escena da obra de teatro: CONCURSO DE ANUNCIOS.

ENLACE

E por último, os nenos e nenas de 2º C puxeron en escena a obra de teatro, AS VACACIÓNS DE MILUCHA, e remataron co recitado da poesía de Rosalía de Castro, ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES.

ENLACE

2º ciclo de Primaria

En primeiro lugar volveron actuar os nenos e nenas de 4º A, representando o teatro musical: ORQUESTRA VARÓN DANDY.

ENLACE

A continuación sairon ao escenario os nenos e nenas de 3º A, para representarno dous contos: OS CINCO AMIGOS e ZAPATÓNS. Despois deleitáronnos co recitado de dúas poesías: O CARACOL e BOLBORETA.

ENLACE

En terceiro lugar tocoulle subir ao escenario os alumnos e alumnas de 3º B, para agasallarnos coa posta en escena de dous contos: OS TRES VIAXEIROS e O FILLO DA LÚA.

E remataron co recitado da poesía GALICIA, de Manuel María.

ENLACE

Continuouse coa actuación dos nenos e nenas de 3º C, que tamén nos representaron dous contos: O FILLO DO PANADEIRO e A FEIRA DE VANESA.

Despois seguiron co recitado de varias poesías: A MUIÑEIRA de Manuel María, ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES e SOMBRA NEGRA de Rosalía de Castro.

ENLACE

Proseguimos coa representación de diferentes pezas musicais a cargo dos alumnos e alumnas de 3º:

3º A, canción cantada, e despois bailada, OH, SUSANA.

3º B, canción con pequena percusión RATAPÓN.

3º C, canción cantada, e despois bailada, UNHA SEÑORA ÍA.

De seguido subiron ao escenario, para cantar dúas pezas musicais, os alumnos e alumnas de 4º.

4º B, canción EU SON UN ARTISTA.

4º C, canción A LENGUA DO XANDUCA.

ENLACE

Xa para rematar os nenos e nenas de 4º C, agasalláronnos coa posta en escena da  obra de teatro: DESVENTURAS DA ESPIÑA BERENGUELA.

Finalmente remataron poñéndolle ritmo a este festival escenificando o bailo: VAMOS A LA PLAYA.

ENLACE

3º ciclo

En primeiro lugar actuaron os nenos e nenas de 4º A representando o teatro musical, "ORQUESTRA VARÓN DANDY"

ENLACE

Despois sairon ao escenario os alumnos e alumnas de 5º A, agasallándonos coa representación do poema, "ME SIENTO COMO UN CAÑÓN", continuaron cunha "Poesía adicada a todas as Nais" e finalmente remataron co baile "GENTLEMAN PSY COREANO"

ENLACE

No posto número tres tocoulle actuar aos nenos e nenas de 5º C, co recitado das seguintes poesías de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro: "CAMPANAS DE BASTABALES", "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES" e "HAS DE CANTAR".

ENLACE

Para darlle un pouquiño de ritmo a este festival chegaron algúns alumnos e alumnas de 6º A que nos representaron o baile da canción de Abraham Mateo: "SEÑORITA"

ENLACE

Continuamos coa clase de 6º B que nos ofertou a representación dun "TELEDIARIO CÓMICO", guión elaborado por Esteban. Despois continuaron poñéndolleritmo a este día coa posta en escena do baile: "LIMBO".

ENLACE

Xa para rematar os alumnos e alumnas de 5º ofrecéronnos a representación de diferentes pezas musicais:

5º A canción con frauta e pequena percusión: "A SAIA DA CAROLINA".

5º B canción con frauta: "ADEUS CO MEU CORAZÓN".

5º C canción con frauta e pequena percusión: "HEIME DE CASAR CUN VELLO".

 ENLACE

Curso 2012-2013

 

O venres 9 de novembro, pola mañá, tivemos por fin a festa do Magosto no Edificio Calvo Sotelo

ENLACE

 

Os nenos de 2º A e 2º C, e tamén os de 5º A, utilizaron as castañas para algo máis que para comelas. Castañas decoradas coa axudas dos pais e nais que poñen de manifesto unha gran imaxinación.

ENLACE

Curso 2012-13

Agasallos dos Reis Magos


DESPOIS DAS VACACIÓNS, menuda sorpresa cando chegamos hoxe ao cole... Os Reis Magos deixaron agasallos nalgunhas aulas!

Festival na Uceira

Hoxe chegou o día do Festival! Atrás quedan un montón de ensaios, o resultado, ... OBSERVÁDEO VOS MESMOS.

 


Cuchipanda

Case que todas as clases tiveron festas de Nadal.

 

Visita ao ASILO

 

 

Conto de Nadal

Dende a Biblioteca do Cole propuxeron como actividade a de facer contos de Nadal.

Actividades de Nadal

Traballamos tamén coa pizarra dixital.


Moitas grazas pola vosa colaboración

O cole está precioso!

 

Seguimos atopando máis Papá Noel no Cole


 

Os vosos traballiños de  Nadal

Os pais e nais tamén colaboraron.


Quen dixo que facer un Papá Noel é difícil?

Os nenos e nenas de 3 anos puxéronse e...


 

Durante estes días ...

Ademáis de decorar o cole, prepáranse fichas para o Nadal e trabállanse contidos dixitais e xogos.


Xa chega  Nadal

Xa sabedes que este ano levaron para a casa un traballiño para facer cos pais e nais. Os nenos de 3 anos levaron unha bola, os de 4 anos unha bota de Papá Noel e os de 5 anos unha árbore de Nadal. O resultado foi moi gratificante.

 

Primeiros Traballiños de Nadal

Como todos os anos o Equipo de Dinamización Lingüística propón a todas as clases a elaboración de tarxetas de Nadal en galego.



O Nadal Chega a Escola

Todos colaboramos para adornar o Cole.



Curso 2012-13

Os profes tamén se disfrazaron

Non só os nenos e nenas, tamén a maioría dos profes se animaron para celebrar este día de festa.


Día de Entroido

O venres, día 8 de febreiro, celebramos o entroido no cole da Uceira. Os nenos e nenas acudiron ao cole con disfraz libre, e despois do recreo desfilaron todos no patio lucindo as súas mellores galas.

Tarde de entroido para os de Educación Infantil

O xoves 7 de febreiro, tarde de Entroido para estes peques. Indios, piratas e faraons, ou lapis cada cal mellor.


Calvo Sotelo                Uceira              Campo da Feira

 

Rematan as ordes do Meco

Os máis pequenos tamén foron completando os seus disfraces.


Calvo Sotelo - Uceira - Campo da Feira

 

As ordes do Meco

Durante a semana do 4 ao 8 de febreiro, todo o cole, alumnos, alumnas, mestres e mestras, seguen os mandados do MECO.


Cabeza-pescozo-pés



 

O Meco pode estar ben contento! Todos viñemos ao Cole con algo na cabeza.

(Calvo Sotelo) (Uceira) 

ENTROIDO, ENTROIDIÑO!

Empezamos a Semana do Entroido coas ordes do MECO ou da MECA.


LUNS: Hai que traer algo na cabeza.

MARTES: Algo na cabeza e no pescozo.

MÉRCORES: Na cabeza, no pescozo e nos pés.

XOVES: Na cabeza, no pescozo, nos pés e no corpo/tronco.

VENRES: Disfraz libre. 

(imaxe das ordes da meca)


Curso 2012-13

 

Xogando ao Atletismo

O mércores, día 22 de maio participamos nunha Xornada deportiva de Atletismo que organiza a Agrupación Deportivo Arenteiro, no pavillón Paco Chao do Carballiño.
Participamos seis colexios:

  • CEIP Nosa Sra. de Xuvencos de Boborás.
  • CEIP Virxe da Pena da Sela de Irixo.
  • CPI Virxe da Saleta de Cea.
  • CEIP de Amoeiro.
  • CPR Vila do Arenteiro.
  • CEIP Calvo Sotelo do Carballiño.
Nós acadamos o 3º posto en alevíns e o 4º en benxamíns, na clasificación por equipos. Foron os colexios de Amoeiro e o do Vila do Arenteiro os que se repartiron os dous primeiros postos.
A xornada destacou pola deportividade e boa convivencia.


Final Comarcal do Campo a Través

O xoves, 24 de xaneiro, participamos na Final comarcal de campo a través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro no Puzo do Lago do concello de Maside.
Participaron un total de 10 centros educativos da comarca  do Carballiño.  
É de agradecer o bo comportamento e colaboración dos participantes, o que favoreceu que a xornada fose competitiva pero sobre todo deportiva. A isto axudou a climatoloxía, un día estupendo para poder disfrutar das carreiras.
Por último felicitar aos nosos atletas polos resultados acadados, e en especial a Clara Pérez López polo 1º posto en categoría Benxamín Feminino e a Nayeli Iglesias Chávez polo 1º posto en Alevín feminino, sen esquezcernos do primeiro posto acadado polo equipo alevín feminino e o 2º posto en benxamín feminino e masculino, en alevíns masculino e en infantil feminino.

 Fase Zonal do Campo a Través

 O 22 de novembro participamos na Fase Zonal do Carballiño, na proba de Campo a Través que se celebrou no Puzo de Lago, no concello de Maside.

A proba pertence ao Programa Xogade, que promove e coordina a Secretaría Xeral para o Deporte.

Curso 2012-2013

Educación Infantil Calvo Sotelo-Educación Infantil Uceira

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos dos Edificios Calvo Sotelo e Uceira, viaxaron o día 29 de maio ao GROVE. Que divertido! Un día cheo de aventuras!


 

5º de primaria en Pontevedra

O 29 de maio, os alumnos e alumnas de 5º realizaron unha visita guiada pola CIDADE de Pontevedra, acudiron ao MUSEO e xa pola tarde visitaron o OBSERVATORIO ASTRONÓMICO de Forcarei. Foi unha viaxe un pouco pasada por auga, pero aínda así pasarono estupendamente.


Educación Infantil Campo da Feira

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos do Edificio Campo da Feira viaxaron o día 23 de maio ao GROVE. Que divertido! Que ben o pasaron!

 

4º de Primaria no Grove

O alumnado de 4º de primaria realizou unha viaxe o día 22 de maio ao Grove, para visitar o ACUARIO e o MUSEO DO MAR. Ademáis subiron en BARCO, para observar especies marinas. Unha viaxe moi aproveitada! 

3º de Primaria no Grove

 Os nenos e nenas de 3º foron de excursión ao Grove o día 9 de maio. Subiron en BARCO para coñecer o proceso da cría do mexilón e, visitaton o MUSEO DO MAR e o ACUARIO.

 

 6º de Primaria en A Coruña

Os nenos e nenas de 6º visitaron a cidade da CORUÑA o día 8 de maio. Estiveron na CASA DAS CIENCIAS, no PLANETARIO, no DOMUS e finalmente no ACUARIO. Un día repleto de actividade!

Distribuir contido