Actividades

Gañadores do Concurso de Tarxetas de Nadal

Os gañadores do Concurso de Tarxetas de Nadal, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, foron:

  • Ed. Infantil: 5 anos Campo da Feira.
  • 1º : Enzo Castro Alonso.
  • 2º : Manuel Domínguez Rivera.
  • 3º : Antía Lopez Civeira.
  • 4º : Alfonso Fumega Rodríguez.
  • 5º : David Crespo Nogueira.
  • 6º : Javier Fernández Biedma.

A ANPA regaloulle un agasallo para cada un deles, que recolleron ao remate do Festival de Nadal.

Noraboa aos gañadores!!!!

Entrevista a Manuel Domínguez

Martín, Lucía e Brais, alumnos de 5º de E.P., entrevistaron ao cociñeiro carballiñés, Manuel Domínguez, o día 21 de marzo, a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. As preguntas da entrevista foron elaboradas polos alumnos e alumnas de 5º curso, na materia de valores, e esta incluirase na Revista Escolar "O Alustre", que se publicará a finais de curso.

Manuel Domínguez é un cociñeiro da nosa comarca, e antigo alumno do noso colexio, que impulsou a nova cociña galega en Madrid, dando un significado á mesma baseado na creatividade, innovación e sentimento. Como recoñecemento a súa labor acaba de acadar unha estrela Michelín.

GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN!

 

 

 

Tarxetas de Nadal 2015

Este ano o concurso de tarxetas de Nadal, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tivo como protagonista ao APALPADOR, un personaxe galego que percorría os pobos galegos deixando regalos e castañas aos nenos e nenas máis necesitados. O noso Papá Noel galego.

Escolleuse unha tarxeta gañadora por nivel, e con ela felicitouse o Nadal ás familias. Noraboa aos gañadores!

Concurso de Tarxetas de Nadal 2014

Como cada ano celebramos o Concurso de Tarxetas de Nadal, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. Foi elexida unha felicitación por cada nivel para felicitar as familias.

   

   

Os gañadores foron:

  • Infantil Uceira 3 anos.
  • Antía Fraguas-1º A
  • Alfonso Fumega-2º B
  • Uxía Sotelo-3º C
  • Lucía Bernárdez-4º A
  • Mateo Fernández-5ºA
  • Anxo Otero-6º A

    

Agradecemos a participación de todo o alumnado, así como tamén a ANPA do Centro que lles fixo entrega dun agasallo aos gañadores do Concurso.

Premio aos gañadores do concurso deTarxetas de Nadal

Este ano aos gañadores do Concurso das tarxetas de Nadal, a ANPA regaloulle dúas entradas a cada un, para que puideran asistir a visualización dunha película en 3D, DURANTE AS VACACIÓNS DE NADAL, no cine de Leiro.

NORABOA AOS GAÑADORES!

Concurso de Postais de Nadal

Como todos os anos por estas datas, convocamos o concurso de Postais de Nadal.

Cada ano que pasa os nenos e nenas póñenlle máis ilusión, orixinalidade e gañas ao que fan. A tarxeta gañadora de cada ciclo é a elexida para felicitar ás familias do noso alumnado.

Estas son as mellores:

 

Infantil

1º ciclo

2º ciclo

3º ciclo

Moitas grazas pola vosa participación. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, só nos queda desexarvos un Bo Nadal a todos e todas.

IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Para celebrar o IV Día da Ciencia en Galego, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua, CGNDL, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, propuxo realizar unha videoconferencia, que tiña como convidada a Marilar Alexandre, que nos impartíu unha charla sobre os nosos amigos os insectos.

Ao final puidemos facerlle preguntas a través dun chat, non todas as que nos houbera gustado, xa que eramos case que 100 centros de Galicia e máis de 3000 alumnos e alumnas os que estabamos conectados á vez.

Resultou unha actividade moi interesante (cantas curiosidades aprendemos dos insectos!) e foi moi emocionante vivila xunto a tanto nenos e nenas de centros espallados por toda a xeografía galega.

O Segredo dos instrumentos musicais en Galicia

O luns, 3 de xuño, realizouse a actividade "O segredo dos instrumentos musicais en Galicia". Unha charla-coloquio encol dos instrumentos musicais en Galicia. Presentáronse os instrumentos máis característicos, sobre todo a gaita e a zanfona.
A charla estivo impartida por José Mª Álvarez Marías, multiinstrumentista (gaiteiro, zanfonista, frautista, guitarrista,...); fundador da Escola de Gaitas de Ortigueira e do Festival Internacional do Mundo Celta. Asemade foi membro da Comisión  xestora da Asociación de Gaiteiros Galegos. Profesor de gaita, formou parte de varios cuartetos de gaitas e de música folk. Colaborador de moitas asociacións e publicacións, na actualidade está estudiando zanfona e facendo cursos de construcción de instrumentos tradicionais no Padroado de Cultura de Narón.
A actividade, que foi organizada polo Equipo de Normalización, tivo lugar no Salón de Actos do Edificio da Uceira.

Un conto compartido e moita solidaridade

Como resultado da actividade que propuxo o equipo de Normalización: "O Carballiño-Dakar", xa está rematado un conto inventado polos nosos rapaces e rapazas, para que despois lle poñan un título e o ilustren os nenos e nenas de Senegal.

 

ENLACE


O conto viaxou por todas as aulas do cole e cada unha engadiulle un anaquiño. Quedou un conto ben orixinal e creativo!, non vos parece?

Xunto con esta actividade, fixemos unha recollida de material para enviar a Senegal, xa que como nos amosou a profe Inma, carecen de case todo no seu colexio.

     

    Os de infantil trouxeron lapis e gomas

 

 

1º, 2º e 3º cadernos e folios

 

4º, 5º e 6º folios, ceras e sacapuntas

 

Actividade compartida cun cole de Senegal

A viaxe da profe Inma (mestra de inglés do noso Centro) o verán pasado a Senegal, e do que alí puido ver e vivir, serviunos de inspiración para este ano iniciar unha actividade de cooperación do noso centro co colexio La Ruah en Dakar.

Durante o mes de abril o Equipo de Normalización pon6 en marcha a actividade "Carballiño - Dakar". Esta actividade vai ter 2 partes: 
  1. Por un lado, imos a facer un conto, que iremos elaborando entre todo o centro, cada aula engadiralle un párrafo, continuando co xa escrito anteriormente, ata completalo. Unha vez rematado, ese conto enviarase á escola La Ruah, en Dakar. Tamén lles mandaremos fotos e un resumo de como é o noso cole, a nosa vila, de como vivimos, ... a modo de presentación para nos coñezan, xa que nós xa temos fotos deles e toda a información que a profe de inglés Inma, nos trouxo da súa viaxe.
  2.  Unha segunda parte da actividade consiste en mandar material escolar que traerán os alumnos e alumnas (un lápiz, unha goma, ceras,...), xa que carecen del (como puidemos ver nas fotos que nos amosou Inma).
Para que teñades unha pequena percepción do que é a escola podedes consultar o seguinte enlace:
Distribuir contido