Letras Galegas

Día das Letras Galegas 2017

O martes, día 16 pola tarde, festexamos no centro o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares.

Cada nivel elaborou unha pancarta adicada ao autor. Camiñamos todos xuntos ata o pavillón. Unha vez alí escoitamos a canción que María do Ceo lle adicou a Carlos Casares. Lemos a súa biografía e uns anacos de "A galiña azul" e "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas".

Gracias a todos por participar!

Letras Galegas 2015: Xosé Fernando Filgueira Valverde

O pasado venres día 15 festexamos, no noso centro, o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Durante toda a semana traballouse a figura do autor en todas as aulas, a través de diferentes actividades.

O venres como remate, fixemos unha marcha polo patio do centro ata o pavillón. Cada clase elaborou unha pancarta na que escribiron un lema para animar a empregar o galego.

Unha vez no pavillón colgamos as pancartas nas paredes para ter ben presente o que nelas escribimos, mentres cantamos a canción: "Fala de noite e de día", unha adaptación da nosa compañeira Yolanda.

Con esta actividade rematamos unha semana adicada aos nosos autores.

Letras Galegas 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Para coñecer a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, podedes consultar os seguintes enlaces:

Letras Galegas 2013

Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está dedicado a Roberto Vidal Bolaño.

Para conmemorar este día no cole celebramos a Semana das Letras Galegas con numerosas actividades. Entre outras as seguintes:

  • Os nenos e nenas de Infantil:

COUSIÑAS DA NOSA TERRA

 ROBERTO VIDAL BOLAÑO

TRABALLANDO CO AUTOR

ACTIVIDADES

 

 

  • Na maioría das titorías manexaron información do autor, fixeron traballos, murais,....

ARRIBA O TELÓN!

Distribuir contido