Magosto

Magosto 2017

O venres día 10, celebramos no cole o Magosto, con diferentes actividades:

  • Deseño de carteis por aulas.
  • Deseño individual de bolsos para gardar as castañas.
  • Xogos no patio: xogo do baile das castañas, carreira de castañas, equilibrio con castañas, zorregada, o pano, come castañas, as varas, etc.
  • Degustación de riquísimas castañas asadas.

 

O Magosto 2016

O venres día 11 de novembro celebramos o magosto no colexio, con xogos e degustación de castañas asadas.

Magosto 2015

O mércores día 11 de novembro, pola tarde, cun tempo espléndido, celebramos O MAGOSTO, unha festa moi nosa e organizada polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.

O mellor xeito de facela foi:

  • XOGANDO: Varios xogos que tiveron á castaña de protagonista.

 

  • COMENDO CASTAÑAS: Unha vez rematados os xogos repuxemos forzas comendo castañas.

 

Unha tarde estupenda e divertida!

Magosto 2014

O martes 11 de novembro pola tarde, celebramos o Magosto no Centro, con festas en cada titoría, e degustación de castañas asadas.

Durante a semana anterior, cada aula elaborou murais alusivos ao tema, que formaron parte dunha exposición, da cal podedes ver os traballos orixinais que se presentaron.

 

Curso 2013-2014

Co gallo da celebración da FESTA POPULAR DO MAGOSTO, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, propuxo a elaboración, por parte de cada titoría, dunha receita de cociña cuxo ingrediente principal tiña que ser a CASTAÑA.

Participaron todos dende os máis pequenos ata os maiores do cole. 

 

 

 

Velaquí o resultado!

 

 

Bo proveito!


Os alumnos e alumnas tamén colaboraron con manualidades, debuxos e murais para decorar os corredores e as aulas do centro.

 

 

Para rematar festexamos o día con xogos, comendo castañas asadas e facendo pequenas festas.

 

  

 

Curso 2012-2013

 

O venres 9 de novembro, pola mañá, tivemos por fin a festa do Magosto no Edificio Calvo Sotelo

ENLACE

 

Os nenos de 2º A e 2º C, e tamén os de 5º A, utilizaron as castañas para algo máis que para comelas. Castañas decoradas coa axudas dos pais e nais que poñen de manifesto unha gran imaxinación.

ENLACE

Distribuir contido