Distribución de alumnado de 3 anos por edificios. Curso 2015-16

Na seguinte ligazón pódese consultar a distribución provisional de alumnado de 3 anos por edificios: Uceira, Calvo sotelo e Campo da Feira.

LIGAZÓN

Listado provisional de comedor para o curso 2015-16

Na seguinte ligazón pódese consultar o listado provisional de admitidos no comedor escolar, para o vindeiro curso 2015-16.

LIGAZÓN

Gratuidade Solidaria de Libros de Texto

A gratuidade solidaria de libros de texto para o curso 2015-16, levarase a cabo mediante dous procedementos:

  • Axudas para a adquisición de libros de texto: para 1º, 2º, 4º e 6º (no noso centro, 6º será E-DIXGAL).
  • Fondo solidario de libros de texto: para 3º e 5º (no noso centro, 5º será E-DIXGAL).

Toda a información na seguinte ligazón:

GRATUIDADE SOLIDARIA

O Alustre 2014-15

Último número da nosa Revista Escolar: O Alustre.

 

LIGAZÓN

Excursión de 5º de Primaria a Pontevedra

O día 27 de maio, os alumnos e alumnas de 5º de primaria sairon de Excursión a cidade de Pontevedra co seguinte itinerario:

  • Visita guiada pola cidade.
  • Visita ao museo de dita cidade.
  • Comida na Praia Fluvial.
  • Visita ao Castelo de Villasobroso (Ponteareas)

Xogando ao Atletismo 2015

O mércores 20 de maio, participamos no pavillón "Paco Chao" na derradeira competición deportiva do curso 2014-2015, XOGANDO AO ATLETISMO".

Este ano celebramos a VII  edición dunha das actividades deportivas favoritas dos nenos e nenas.

Participamos todos os colexios da Agrupación Deportiva Arenteiro.

O noso centro e máis o colexio de Cea repartíronse os primeiros postos nas categorías de alevíns e benxamíns.

 

Para ver máis fotos premer na seguinte ligazón:

OUTRAS FOTOS

Letras Galegas 2015: Xosé Fernando Filgueira Valverde

O pasado venres día 15 festexamos, no noso centro, o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Durante toda a semana traballouse a figura do autor en todas as aulas, a través de diferentes actividades.

O venres como remate, fixemos unha marcha polo patio do centro ata o pavillón. Cada clase elaborou unha pancarta na que escribiron un lema para animar a empregar o galego.

Unha vez no pavillón colgamos as pancartas nas paredes para ter ben presente o que nelas escribimos, mentres cantamos a canción: "Fala de noite e de día", unha adaptación da nosa compañeira Yolanda.

Con esta actividade rematamos unha semana adicada aos nosos autores.

Obradoiro de Regueifas

O día 1 de maio realizouse un obradoiro de regueifas para os alumnos e alumnas de 5º de primaria, dentro das actividades das Letras Galegas; organizadas polo Concello de O Carballiño.

Dito obradoiro estivo a cargo de Luis Caruncho e Suso.

Listado definitivo de alumnos admitidos para o curso 2015-16

Elévase a definitivo o listado provisional coa única variación en:

5 ANOS

  1. González Peña, Óscar.

Quedando excluídos por non dispoñer de vacante:

  1. Morala Fuentes, Naiala.
  2. Cabo González, Miguel Ángel.

No caso de producirse unha nova vacante entrarán por esta orde.

X EDICIÓN COMPETICIÓN DE MINIBALONMÁN

O día 29 de abril participamos na X edición do torneo de minibalonmán que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro, e que tivo lugar no pavillón Paco Chao de O Carballiño.

Os equipos participantes foron os seguintes: CEIP  Virxe da Pena da Sela do Irixo; CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás; CPI Virxe da Saleta de Cea; CPI Antonio Failde de Cambeo e o noso centro, o CEIP Calvo Sotelo de O Carballiño.

Igual que outros anos, o torneo resultou ser moi competitivo, acadando os nosos representantes un magnífico 1º posto.

Hai que felicitar a todos os participantes no torneo pola súa deportividade e bo comportamento.

Distribuir contido