Xornada de Convivencia de Fútbol-Sala

O xoves 17 de marzo, tivemos unha xornada de convivencia de Fútbol-Sala no pavillón do colexio de Amoeiro.

Participaron os centros de Cambeo, Amoeiro e o noso de A Uceira. Fixemos catro equipos mixtos de categoría benxamín e alevín.

Felicitar a todos os participantes pola súa contribución a que a xornada deportiva se desenvolvese con espírito deportivo, xogo limpo e amizade.

Día da Muller

O día 8 de marzo, Día da Muller, un grupo de alumnos e alumnas do noso centro participaron acompañados dos seus profesores de Valores, Áurea e José Luis, nunha actividade organizada polo Concello de O Carballiño.

Fase Provincial de Xogade

O domingo día 6 de marzo, pola mañá, o noso centro participou nas categorías de infantil masculino, alevín masculino e feminino e benxamín masculino, na fase provincial de campo a través do Programa Xogade da Xunta de Galicia, que se celebrou en Monterrei. 

Na categoría alevín masculino, o noso alumno Xian Luis Domínguez quedou no primeiro posto e quedou clasificado para a final que se celebrará na Estrada.

Noraboa a todos os participantes!

Vacantes para o curso 2016-17

Vacantes con que conta o centro para o curso 2016-2017.

 

Curso

Prazas

Total ofertadas**

NEAE

Libres

4º E.I.

75

3

72

5º E.I.

17

 

17

6º E.I.

14

 

14

1º E.P.

1

1

0

2º E.P.

29

 

29

3º E.P.

1

 

1

4º E.P.

4

 

4

5º E.P.

24

 

24

6º E.P.

1

 

1

Indicar que o noso centro estableceu como criterio complementario aprobado polo Consello Escolar, (segundo establece o artigo 28 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado en centros docentes), o pedir en primeiro lugar un Centro Público. A valoración deste criterio é de 1 punto.

Campionato de Badminton

O mércores 2 de marzo participamos na xornada de bádminton da comarca do Carballiño, organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro e coordinada por Cristina, nas instalacións do IES Nº 1 do Carballiño.

O noso centro tivo 10 representantes na categoría alevín masculino e feminino.

Participaron os colexios de Boborás, Irixo, Vila do Arenteiro, Amoeiro, e por suposto o noso. Foi unha xornada intensa na que ademais de competir, convivimos cos compañeiros doutros centros.

Técnicos de Animación

Algúns alumnos e alumnas de 6º A convertéronse en técnicos de animación por un día e probaron a traballar coa técnica do STOP MOTION. Aquí podedes ver algúns dos vídeos, a verdade é que lles quedaron bastante ben!

DANCING MUMMY - Guillermo Barreiro Lois

A DAY IN THE BEACH -  Antía González Vázquez

DESFILE PRIMAVERA NEW YORK - Arantx García Bernárdez

XIAO YING - Mateo Fernández Filloy

I WANT PIPES - Silvia Bugallo Ramos

Entroido 2016

O venres 5 de febreiro celebramos no cole a festividade do Entroido. Profes, alumnos e alumnas divertímonos coas actividades organizadas polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.

  • Taller de elaboración de Mecos.
  • Desfile.
  • Loita de Mecos.

 

2ª proba do campo a través

O día 2 de febreiro, despois dun aplazamento por causa da choiva celebrouse a segunda proba de campo a través, no Puzo do Lago de Maside. Nela participamos varios centros do contorno e os nosos alumnos e alumnas quedaron acadaron unhas boas clasificacións.

Semana do Entroido 2016

Do 1 ao 5 de febreiro celebramos no centro a Semana do Entroido. Con este motivo, e dado que o lema da nosa biblioteca este ano é "os maiores tamén contan", durante esta semana viremos disfrazados da parella de velliños da película "UP".

Día da Paz

O venres día 29 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da Paz, cun acto organizado polo Equipo de Convivencia do Centro.

Os nenos e nenas trouxeron durante a semana un zapato decorado con motivos sobre a paz. Con eles compúxose a palabra PAZ no patio do colexio e profes, alumnos e alumnas situándonse ao seu arredor, leron un manifesto e cantaron a canción "Tu enemigo" de De Juanes e Pablo López.

Preme nas fotos para ver os zapatos decorados e o acto.

 

Distribuir contido