Romeo y Julieta

Los alumnos/as de 5º A han estado trabajando con su profe en un proyecto sobre William Shakespeare, con motivo del 400º aniversario de la muerte del escritor.

Uno de los grupos se ha animado a representar una famosa escena de una de sus obras más conocidas.

¡Esperamos que os guste!

 

Haz click en la fotos para ver la representación y más imágenes

 

Día da Árbore, da Auga e da Poesía.

A Insua dos Poetas acolleu, o xoves día 7 de abril, unha actividade lúdica-didáctiva na que o noso centro participou cunha representación de 25 alumnos e alumnas de 6º de E.P.

En total máis de 400 escolares de todos os centros da comarca e algúns da Ribeira, que plantaron árbores, expuxeron traballos e recitaron poesías.

Cada colexio apadriñou unha variedade de árbore, a nós tocounos o CASTIÑEIRO.

 

(Premer nas imaxes para ver a presentación dos traballos e a plantación da árbore)

Ligazón a outras noticias sobre a actividade

Ligazón a outras imaxes sobre a actividade

Relevo de Interior de España

Os nenos e nenas de 5º C elaboraron maquetas co relevo de interior de España.

Un traballo moi logrado!

Entrevista a Manuel Domínguez

Martín, Lucía e Brais, alumnos de 5º de E.P., entrevistaron ao cociñeiro carballiñés, Manuel Domínguez, o día 21 de marzo, a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. As preguntas da entrevista foron elaboradas polos alumnos e alumnas de 5º curso, na materia de valores, e esta incluirase na Revista Escolar "O Alustre", que se publicará a finais de curso.

Manuel Domínguez é un cociñeiro da nosa comarca, e antigo alumno do noso colexio, que impulsou a nova cociña galega en Madrid, dando un significado á mesma baseado na creatividade, innovación e sentimento. Como recoñecemento a súa labor acaba de acadar unha estrela Michelín.

GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN!

 

 

 

Día da Árbore

O xoves día 17 de marzo, celebramos no colexio do Día da Árbore. Entre todos plantamos tres árbores no patio, que nos proporcionou a Deputación de Ourense.

 

 

 

Xornada de Convivencia de Fútbol-Sala

O xoves 17 de marzo, tivemos unha xornada de convivencia de Fútbol-Sala no pavillón do colexio de Amoeiro.

Participaron os centros de Cambeo, Amoeiro e o noso de A Uceira. Fixemos catro equipos mixtos de categoría benxamín e alevín.

Felicitar a todos os participantes pola súa contribución a que a xornada deportiva se desenvolvese con espírito deportivo, xogo limpo e amizade.

Día da Muller

O día 8 de marzo, Día da Muller, un grupo de alumnos e alumnas do noso centro participaron acompañados dos seus profesores de Valores, Áurea e José Luis, nunha actividade organizada polo Concello de O Carballiño.

Fase Provincial de Xogade

O domingo día 6 de marzo, pola mañá, o noso centro participou nas categorías de infantil masculino, alevín masculino e feminino e benxamín masculino, na fase provincial de campo a través do Programa Xogade da Xunta de Galicia, que se celebrou en Monterrei. 

Na categoría alevín masculino, o noso alumno Xian Luis Domínguez quedou no primeiro posto e quedou clasificado para a final que se celebrará na Estrada.

Noraboa a todos os participantes!

Vacantes para o curso 2016-17

Vacantes con que conta o centro para o curso 2016-2017.

 

Curso

Prazas

Total ofertadas**

NEAE

Libres

4º E.I.

75

3

72

5º E.I.

17

 

17

6º E.I.

14

 

14

1º E.P.

1

1

0

2º E.P.

29

 

29

3º E.P.

1

 

1

4º E.P.

4

 

4

5º E.P.

24

 

24

6º E.P.

1

 

1

Indicar que o noso centro estableceu como criterio complementario aprobado polo Consello Escolar, (segundo establece o artigo 28 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado en centros docentes), o pedir en primeiro lugar un Centro Público. A valoración deste criterio é de 1 punto.

Campionato de Badminton

O mércores 2 de marzo participamos na xornada de bádminton da comarca do Carballiño, organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro e coordinada por Cristina, nas instalacións do IES Nº 1 do Carballiño.

O noso centro tivo 10 representantes na categoría alevín masculino e feminino.

Participaron os colexios de Boborás, Irixo, Vila do Arenteiro, Amoeiro, e por suposto o noso. Foi unha xornada intensa na que ademais de competir, convivimos cos compañeiros doutros centros.

Distribuir contido