Semana de Halloween

Durante a semana que foi do 24 ao 28 de outubro o centro preparouse para celebrar HALLOWEEN. A organización correu a cargo do Equipo de Plurilingüismo.

As familias colaboraron axudando aos nenos e nenas cos seus traballos.

Nas aulas de 5º e 6º fixeron Halloween games

O venres, a maioría dos alumnos e alumnas, acudiron disfrazados. Que medooooo!

Os profes tamén se apuntaron a celebración.

"De los cuentos a las cuentas"

O pasado dia 26 de outubro, os alumnos de 5º e 6º de EP acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense á obra de teatro "De los cuentos a las cuentas" ofertada pola fundacion ABANCA. Aproveitando a saída, puideron disfrutar ademais dunha visita ao Claustro de San Francisco e ao Museo Arqueológico Municipal onde os nenos tiveron unha visita guiada cunhas magnificas explicaciones.

   

   

Charla sobre primeiros auxilios

O día 3 de outubro os alumnos e alumnas de 5º e de 6º recibiron unha charla sobre primeiros auxilios por parte de persoal da Cruz Vermella.

  

 

Reunión de Educación Infantil

O mércores día 7 de setembro ás 12 horas, haberá unha Reunión do profesorado de Educación Infantil cos pais/nais de nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos en cada un dos edificios.

Listados definitivos do Fondo libros para o curso 2016-17

Xa están expostos na Uceira os listados definitivos dos libros que se adxudicarán do Fondo de Libros do Centro, para comprobar a relación de libros que vai recibir cada alumno/a.

LISTADO DEFINITIVO FONDO LIBROS

Listado provisional de admitidos e excluídos no Fondo Libros. Curso 2016-17

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS

 

LISTADO PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS

 

O alumnado de 5º que figura no listado está admitido pero debe esperar ao listado definitivo para comprobar a relación de libros que vai recibir cada un do Fondo Libros.

Hai un prazo de reclamación de 2 días dende a súa publicación.

Os vales da axuda libros para 1º e 2º e os vales da axuda para material xa se poden recoller na secretaría do centro de 10 a 13 horas.

Xogando ao Atletismo

O día 26 de maio participamos na xornada "Xogando ó Atletismo", organizada pola agrupación Deportiva Arenteiro, e que tivo lugar no pavillón Paco Chao do Carballiño.

Igual que outros anos, o torneo resultou ser moi competitivo. O noso centro quedou clasificado en 1º posición na categoría benxamín e en 4º na alevín.

Hai que felicitar a todos os participantes pola súa deportividade e bo comportamento.

Visita á Praza de Abastos de O Carballiño

O día 25 de maio os alumnos e alumnas de 4º e 6º de Ed. Primaria visitaron á Praza de Abastos de O Carballiño, nunha actividade organizada polo Concello. Alí recibiron diversas explicacións das pescadeiras, que lles ensinaron e nomearon os peixes que tiñan a venda. Logo un carniceiro explicoulles varias cousas sobre a carne: a súa conservación, normativa para a súa compra e venda, etc.

Por últimos recibiron uns agasallos.

Axudas Libros de Texto curso 2016-17

Xúntase a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

LIGAZÓN

Distribuir contido