Feliz Nadal a todos e todas!

"Seguimos soñando cun mundo máis xusto e feliz, no que ningún neno ou nena medre sen amor, comprensión e respecto."

 

Boas Festas a todas as familias!

Equipo Directivo e Claustro de Profesores

Gañadores do Concurso de Tarxetas de Nadal

Os gañadores do Concurso de Tarxetas de Nadal, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, foron:

  • Ed. Infantil: 5 anos Campo da Feira.
  • 1º : Enzo Castro Alonso.
  • 2º : Manuel Domínguez Rivera.
  • 3º : Antía Lopez Civeira.
  • 4º : Alfonso Fumega Rodríguez.
  • 5º : David Crespo Nogueira.
  • 6º : Javier Fernández Biedma.

A ANPA regaloulle un agasallo para cada un deles, que recolleron ao remate do Festival de Nadal.

Noraboa aos gañadores!!!!

Festival de Nadal

Hoxe día 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal para rematar o 1º trimestre do curso.

"De Fábula": Obra de títeres en galego

O día 29 de Novembro o alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria asistiu ao Auditorio de Ourense a ver unha obra de Teatro da compañía Artello.

Tratábase dunha montaxe de títeres en galego titulada: “De Fábula” que tiña como protagonista a unha raposa chamada Bulebule que se ve na obriga de deixar o seu fogar para independizarse e terá que aprender a vivir soa no bosque e ir superando as dificultades que van xurdindo.

A obra atopábase dentro da programación de actividades para escolares que oferta Afundación.

Resultado da Elección de Pais/Nais ao Consello Escolar

O día 23 de novembro de 17 a 20 horas celébranse as votación de pais, nais e titores legais do alumnado do Centro para elexir a dous compoñentes de Consello Escolar (renovación 2016).

VOTOS EMITIDOS: 70

VÁLIDOS: 69

NULOS: 1

EN BRANCO: 0

 

CANDIDATOS TOTAL DE VOTOS
Don Isaac Alberto Barral Díaz               17
Dona María Cabrerizo Fagilde 20
Dona Diana Carballeda Chan 25
Dona Patricia González Guerra 7
Don Miguel Ángel Lama González 0

 

Segundo isto proclámense candidatos:

  • Dona Diana Carballeda Chan.
  • Dona María Cabrerizo Fagilde.

 

Asdo. Os compoñentes da Mesa Electoral.

Candidatos ao Consello Escolar

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no Consello Escolar do Centro, a Xunta Electoral fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección:

  • Don Isaac Alberto Barral Díaz.
  • Dona María Cabrerizo Fagilde.
  • Dona Diana Carballeda Chan.
  • Dona Patricia González Guerra.
  • Don Miguel Ángel Lama González.

O vindeiro mércores, día 23 de novembro en horario de 17:00 a 20:00 horas celebrarase a votación no Salón de Actos do edificio Uceira.

Poden votar ámbolos dous pai e nai sempre que se atopen no Censo Electoral aprobado pola Xunta Electoral e que figura exposto na edificio Uceira.

O Magosto 2016

O venres día 11 de novembro celebramos o magosto no colexio, con xogos e degustación de castañas asadas.

Renovación do Consello Escolar: Sector pais/nais e profesorado

Dentro do proceso de Renovación do Consello Escolar dos centros de ensino, no noso centro corresponde renovar dous pais/nais e tres profesores/as. O prazo para a presentación de candidaturas é do 7 ao 15 de novembro.

Semana de Halloween

Durante a semana que foi do 24 ao 28 de outubro o centro preparouse para celebrar HALLOWEEN. A organización correu a cargo do Equipo de Plurilingüismo.

As familias colaboraron axudando aos nenos e nenas cos seus traballos.

Nas aulas de 5º e 6º fixeron Halloween games

O venres, a maioría dos alumnos e alumnas, acudiron disfrazados. Que medooooo!

Os profes tamén se apuntaron a celebración.

"De los cuentos a las cuentas"

O pasado dia 26 de outubro, os alumnos de 5º e 6º de EP acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense á obra de teatro "De los cuentos a las cuentas" ofertada pola fundacion ABANCA. Aproveitando a saída, puideron disfrutar ademais dunha visita ao Claustro de San Francisco e ao Museo Arqueológico Municipal onde os nenos tiveron unha visita guiada cunhas magnificas explicaciones.

   

   

Distribuir contido