Skip to Content

  

 

Semana Intensa en Primeiro de Ed. Primaria.



O alumnado do 1’ nivel de E.P. gozou dunha serie de actividades algo diferentes das habituais:
A través de videoconferencia tivemos a oportunidade de entrevistar a Maria M. Noya, escritora do conto “los mellizos Luna” o cal traballamos para conmemorar o día do medio ambiente.
A nosa profe Euxe achegounos ao mundo da música, concretamente do clarinete, gozamos dun pequeno concerto e falounos da banda á que pertence: a artística de Merza.
Tamén recibimos  a visita dos dous adestradores de CD ARENTEIRO. Con eles decatámonos de que a través do futbol non so practicamos deporte, tamén aprendemos valores coma a responsabilidade e o compañerismo.
E xa por último visitáronnos as tres capitanas e os dous entrenadores do Ourense Envialia B, da 2ª división de fútbol sala femenino. Pasamos unha mañá moi agradable, falando da visibilidade da muller no deporte.

Moitas grazas a todos e todas: María M. Noya, Euxe, Fran Justo, Millán Fernández, Carla, Inés, Nerea, Rubén Carballo e Rubén Méndez.

 



page | by Dr. Radut