Skip to Content

RESUMO DE ACTIVIDADES PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA. 3º TRIMESTRE Curso 2022-23 (Parte 2). PLAN PROXECTA. "Ready, Steady... GO CAIÓN"

RESUMO DE ACTIVIDADES. 3º TRIMESTRE

MAIO 

Reciclaxe e utilización de materiais de refugallo: Obradoiros familiares sobre fauna e contaminación con 03/5/23.

Outro dos obradoiros familiares dirixidos por Alma Blanco (Espacio Arkhé) foi o de “Basufauna” onde creamos o noso propio ecosistema a partir de materiais de refugallo, incidindo na importancia da man do ser humano no proceso de contaminación ambiental.

Relacionamos esta proposta coa adquisición de hábitos de ocio saudables, como son a reciclaxe e ás accións medioambientais, así como tamén á ocupación do tempo de lecer en familia.

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

Recicla con enerxía. 4ª Edición do Concurso Pilabot

Na nosa busca por educar na reciclaxe de residuos, participamos un ano máis neste concurso, promovido pola Xunta de Galicia, Ecopilas, ERP e Ecolec, como unha campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.

Tanto foi o noso esforzo que o curso pasado acadamos o 2º Premio na categoría “Ranking de quilos de residuos de pilas recollidos por alumno/a”, recollendo unha media de 49,36 kg por alumno, sobrepasando as 3 toneladas de pilas e acumuladores reciclados. Este ano obtivemos o 3º posto na mesma categoría.

Máis información sobre este Concurso: https://pilabot.gal/es/

 

Roteiros de Sendeirismo consciente eco-ambiental Vía Inqueda – Senda Nova. 10/05/2023

Traballamos en colaboración coa Asociación medioambiental Senda Nova e a empresa “Vía Inqueda. Natureza e patrimonio”, en dous Obradoiros de concienciación medioambiental, un dirixido a crianzas de educación Infantil e 1º de Primaria, e o outro para os alumnos de 2º a 6º de Ed.Primaria.

Co alumnado maior, traballaron accións de achegamento e interpretación do patrimonio natural nun roteiro guiado pola contorna de Caión (curiosidades de animais autóctonos: indicios, excrementos, acción da contaminación ambiental etc...).

No roteiro guiado dos máis pequenos traballouse a observación das especies arbóreas atopadas polo camiño (autóctonas ou invasoras) e boas prácticas medioambientais a desenvolver no medio natural.

Como sempre facemos en tódalas actividades de sendeirismo, tamén houbo espazo para a actividade física lúdica, coa organización de diferentes xogos motores.

Ligazón ao álbum de fotos do roteiro de maiores.

Ligazón ao álbum de fotos do roteiro de pequenos.