Skip to Content

Secretaría, Matrícula, Calendario escolar, Libros de texto

CALENDARIO ESCOLAR 2023/24

Na web da Consellería de Educación aparece publicada a ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas realizaranse do  11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos inclusive.

As vacacións de Nadal serán desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

O Entroido será os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

As vacacións de Semana Santa serán desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos inclusive.

O Día do Ensino (non lectivo) celebrarase o 7 de decembro de 2023.

Os 2 días non lectivos de libre disposición (artigo 7.2 da Orde) propostos polos colexios de Pontevedra, aínda non fóron fixados.

 

RESERVA DE PRAZA NO IES TORRENTE BALLESTER

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024 abriuse o prazo para que o alumnado de 6º reserve praza para o curso 2024/25 no instituto Torrente Ballester .

Se desexan que os seus fillos cursen 1º de ESO nese centro deberán cubrir  o impreso de reserva (Anexo I en Castelán – ED550A) ou (Anexo I en Galego – ED550A) e presentalo  na secretaría do CEIP Cabanas. (*)

Habitualmente o IES Torrente Ballester ten prazas suficientes para acoller a todo o alumnado dos centros adscritos. Se este ano ocorre o mesmo, unha vez entregado este impreso de reserva xa se considerarán admitidos e só deberán formalizar a matrícula a finais de curso no instituto.

Se teñen a reserva aceptada no IES Torrente Ballester NON PODERÁN solicitar a admisión noutro centro. Para facelo deberán renunciar previamente por escrito á praza reservada (antes do 28 de febreiro).

O prazo para facer a solicitude noutro instituto distinto abrirase do 1 ao 20 de marzo.

Normativa aplicable:

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG 11 de febreiro de 2022)

Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8 de novembro de 2022)

Orde do 26 de maio de 2023 (DOG 13 de xuño de 2023)

Máis información no colexio, na web da Consellería de Educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 (*) Este impreso tamén pode cumprimentarse en internet na aplicación admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) para logo entregalo no centro ou realizar todo o proceso telemáticamente con certificado dixital ou coa Chave365 na sede electrónica.

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/25

Información do proceso de admisión para o vindeiro curso


NORMATIVA

Decreto 13/2022 (DOG 11 de febreiro de 2022)

Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8 novembro de 2022)

Orde do 26 de maio de 2023 (DOG 13 xuño de 2023

.


 

 PRAZOS

  Reserva de praza no IES Gonzalo Torrente Ballester: 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

As familias do alumnado de 6º que desexe cursar a ESO no instituto adscrito (IES Torrente Ballester) deben cubrir á man ou informáticamente na aplicación admisionalumnado  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario de reserva de praza (ED550A)  para presentalo no CEIP Cabanas en papel ou na sede electrónica da Xunta.

 

FORMULARIO DE RESERVA (ED550A)

 A listaxe de alumnado con praza reservada será publicado antes do 22 de febreiro.

 

  Presentación da solicitude de admisión no colexio: do 1 ao 20 de marzo 

Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta  a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.

  • De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  • Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e académica do centro de orixe.

O impreso de solicitude de admisión pode cubrirse á man ou dixitalmente na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Deberá estar asinado polos dous proxenitores

Pódense facer constar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova.

A presentación dunha solicitude é vinculante e implica a declaración de que son certos os datos incluídos nela.

No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.

 

  Presentación da documentación para o baremo

No caso de que o número de solicitudes de admisión superase ao de prazas ofertadas, as prazas serán asignadas mediante unha baremación.

O prazo para entregar a documentación que acredite os criterios alegados por cada solicitante será de 10 días hábiles contados dende o 21 de marzo.

  Publicación das listaxes provisionais de admitidos: 25 de abril

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

  Reclamacións: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación (ante o Consello Escolar)

  Publicación das listaxes definitivas de admitidos: 15 de maio

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

   Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:

  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

  OFERTA DE PRAZAS

Etapa Curso Prazas ofertadas
E. Infantil 4º (3 anos) 17+ 3 (NEAE)
  5º (4 anos) 8
  6º (5 anos) 8
E. Primaria 0
  2
  0
  0
  2
  0

 .


  ZONA DE INFLUENCIA DO CENTRO

(VER MAPA)

A zona de influencia ven delimitada polo seguinte perímetro:

  • Rúa Estación (ámbalas dúas beirarrúas) ata estación de ferrocarril (excluída).
  • Vía do ferrocarril dende estación de Pontevedra (excluída) ata intersección co río Gafos.
  • Río Gafos desde a intersección anterior cara ao sur ata límite do concello.
  • Quedan incluídos neste perímetro os lugares da parroquia de Salcedo: A Armada, Birrete, Cabanas, O Campo da Porta, A Cancela, A Carballa, A Carballeira (Salcedo), O Carballo do Pazo, O Carramal, O Casal, A Costa, O Cruceiro (Salcedo), A Esculca, Matalobos, A Muimenta e O Nabalexo.
  • Quedan incluídos neste perímetro o lugar da parroquia de A Virxe do Camiño: A Ponte do Couto
  • Tamén se inclúe a Base Xeneral Morillo (BRILAT), situada no enderezo A Armada 35, Salcedo.
  • Prolongación de Pintor Urbano Lugrís cruzando a rúa San Brais e atravesando a ponte sobre a circunvalación da autoestrada, deixando a un lado os lugares de A Igrexa (Salcedo) e O Xistro, estando estes excluídos da ÁREA DE INFLUENCIA e quedando incluído Matalobos.
  • Pintor Urbano Lugrís vindo dende San Brais (beirarrúa sur) ata Pintor Virxilio Blanco
  • Pintor Virxilio Blanco (beirarrúa leste)
  • Bibiano Fernández Osorio Tafall (beirarrúa sur)

Considéranse áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP San Martíño, CEIP Ponte Sampaio, CEIP de Marcón, CEIP Vilaverde-Mourente, CEP Campolongo, EEI Concepción Crespo Rivas e CEIP Álvarez Limeses.
Non se considera zona limítrofe o Concello de Vilaboa, agás a Base Xeneral Morillo (BRILAT).

VER MAPA

 


  IES AO QUE ESTÁ ADSCRITO O CENTRO

IES Gonzalo Torrente Ballester


 

 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

  • Transporte escolar

Ruta 1:  Saída de Avda. de Vigo, 72. Fai as paradas da carretera de Vigo (N550).

Ruta 2:  Saída de Eduardo Pondal, 68. Fai as paradas da zona rural interior.

Ruta 3:  Saída da Praza de Galicia, 5. Fai a parada da Avda. de Vigo, 36.

 

Cabanas, 8 de febreiro de 2024

A Dirección

 

Relación de libros para o curso 2023/24

Listados de libros de texto e material didáctico impreso para o vindeiro curso:

EDUCACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut