Radio Codeseda

LITTLE RED RIDING HOOD en RADIO CODESEDA

No arquivo adxunto podedes escoitar LITTLE RED RIDING HOOD gravado na Radio Escolar polo alumnado de 2º de Primaria coa Teacher María.

 

 

Arranca "Radio Codeseda" celebrando o "Día da poesía"

Celebramos o Día da Poesía no cole dando comenzo a unha nova andaina que esperemos sexa proveitosa:

"Radio Codeseda"

 

 

 

 

 

O Cabada Vázquez en Radio Codeseda

Experimentamos a radio un ano máis. Desta volta elaboramos unha cuña publicitaria grazas á colaboración do noso mestre en prácticas Alberto.  Desexamos que vos guste...  Logo desta pequena experiencia, gran parte do profesorado está convencido das posibilidades que esta potente ferramenta didáctica pode ofrecer a todo o alumnado do centro; de feito, neste momento tres docentes do centro están particpando nun curso de radio escolar.  As grandes vantaxes son moi importantes  tamén para o alumnado con dificultades na expresión oral, na fluidez verbal, na escoita activa...  Sen embargo, a grande desventaxa coa que nos atopamos é que o equipamento básico co que esta actividade se puido levar a cabo, pertence na súa totalidade, ao mestre de prácticas citado anteriormente, Alberto Pereiras, que con moito interese e xenerosidade se ofreceu para sacar adiante esta iniciativa. É por iso polo que nun futuro, próximo, xa neste curso, nos gustaría atopar a posibilidade de conseguir ese equipamento para poder desenvolver e implementar unha radio escolar no noso centro.  

Powered by Drupal - Design by artinet