Letras Galegas

LETRAS GALEGAS

 

ESTE TRABALLO FOI REALIZADO POR JAMILA E PAULA DE 6º, XUNTO CO ALUMANDO DE 1º E 2º DE PRIMARIA. A MÚSICA ESTÁ INTERPRETADA POLOS ALUMANOS DE 6º ACOMPAÑADOS AO CLARINETE POLA SÚA MESTRA DE MÚSICA IRENE.

 

LETRAS GALEGAS 2023

LETRAS GALEGAS

Durante toda a semana ,previa ás Letras,todas as aulas traballaron o autor de este ano,Carlos Casares.

Dende a Biblioteca tivemos unha exposición dos libros de este autor a disposición de todo o alumnado.

Algúns grupos fixeron murais referentes ao autor e á súa obra, que expuxemos no recanto de lectura ,que temos á entrada do cole.

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Ola amig@s!

Como xa sabedes, este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Carlos Casares, autor de numerosas obras infantís e gañador de diferentes premios literarios. Na aula de 3 e 4 anos quixemos celebralo por todo o alto coa lectura do seu conto "A galiña azul", unha pequena historia sobre unha curiosa galiña que non todos aceptaban por ser diferente ás demais.

Para nós foi moi importante reflexionar sobre as nosas diferenzas, xa que resulta fundamental entender que non somos mellores por ter os ollos azuis, verdes ou marróns, nin por ter a pel máis clara ou máis escura (ao igual que no conto, no que se nos fai ver que unha galiña azul é tan válida coma as demais).

Ademais, aproveitamos a ocasión para deseñar as nosas propias portadas do libro, nas que debuxamos á galiña protagonista do conto. E tamén pintamos con acuarelas as galiñas veciñas.

Que sorte poder compartir historias tan bonitas coma esta da man de autores galegos!

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet