Día da Ciencia

PEQUECIENCIA NA BIBLIOTECA

Como sabedes, no centro celebrouse recentemente o "DÍA DA CIENCIA EN GALEGO", no que se organizaron diversas actividades e exposicións. No caso dos nenos e nenas de 3 e 4 anos tamén acudimos á biblioteca e alí descubrimos unha serie de libros cos que documentarnos sobre o tema que estamos a traballar na aula: O CORPO HUMANO. Foi unha sesión chea de curiosidades e, por suposto, de moita ciencia!

 

 

 

O día da Ciencia

Ola a todas e a todos,como sabedes hoxe 4 de novembro celébrase " O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO" e  como o 2016 é o ANO

INTERNACIONAL DOS LEGUMES ,para conmemorar tal data ,no noso centro fíxose unha exposición de carteis relacionados coa Ciencia e

os legumes .Para elo usamos o recanto da entrada do cole e dende a Biblioteca quixemos mostrar algúns dos materiais relacionados co

tema.

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet