Reserva de praza IES Nº1

O alumnado que pretenda continuar estudos no centro de adscrición (IES Nº 1), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP CABADA VÁZQUEZ) o modelo normalizado que se publica como Anexo I (ED550A) da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano. Tamén se poderá facer esta reserva a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

O FOTÓGRAFO ANTONIO NODAR VISITA O NOSO CENTRO!

ESTA SEMANA NO CEIP CABADA VÁZQUEZ …
 
tivemos o pracer de contar coa visita de ANTONIO NODAR.
https://antonionodar.com/projects/
 
Antonio é un coñecido fotógrafo a nivel internacional, nado en Baíñas – Vimianzo (preto da Costa da Morte), con raíces en A Estrada e actualmente reside
entre Londres, París e Barcelona.
 
Durante a súa visita falounos das súas experiencias, como home de mundo que é, de como esas lugares que coñece inflúen na súa obra, de como esa
afección pola fotografía pasou a ser a súa profesión, e por suposto contestou a todas as nosas preguntas.
 
Antonio Nodar leva un tempo traballando nun proxecto chamado "From portrait to self-portrait", no que retrata en branco e negro a artistas de diferentes partes
do mundo (París, Nepal, Barcelona, Londres, O Salvador, ...).
Cada artista recibe a súa fotografía e, despois de intervir no seu retrato libremente, devólvenlla a Antonio que expón as dúas para ver o antes e o despois.
 
Este luns fixo no noso cole retratos do alumnado de primaria e dos mestres.
Agora tócanos a nós traballar no noso retrato para cando volva Antonio preparar unha exposición como as que fai nesas cidades polas que viaxa.
 
No seguinte vídeo podedes ver o "MAKING-OF" (Como se fixo) da primeira parte do "From portrait to self-portrait" (Do retrato ao autorretrato).

 

Trailer OS DOCE PESADELOS

 

OS DOCE PESADELOS

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN E COMO NOVIDADE

O ALUMNADO DE 1º E 2º CREARON UNHA CURTA DE MEDO

NA QUE ELES MESMOS SON OS PROTAGONISTAS.

PROTOCOLO COMEDOR ESCOLAR

PROTOCOLO COMEDOR ESCOLAR

CURSO 2018/2019

Corrección material 1º e 2º de primaria

 

O seguinte material non se adquirirá.

-50 folios cuadrícula grande.

 -50 folios cuadrícula pequena.

Deberá ser sustituído da seguinte maneira:

O alumnado de 1º : un paquete de 100 folios cuadrícula grande.

O alumnado de 2º : un paquete de 100 folios cuadrícula pequena.

 

 

Distribuir contido