filosofARTE - Filosofía para nenos e nenasEnviado por Mariela o Mar, 15/05/2018 - 18:13
Neste último trimestre ímonos introducir na Filosofía para nenos e nenas, traballando o diálogo filosófico a través da arte. Utilizamos distintas láminas de pintura de varios artistas, música de relaxación, unha vela como símbolo de luz, diálogo e reflexión e uns lentes de plástico que permiten ver o mundo dende un punto de vista propio.
Reflexionamos sobre catro obras pictóricas e isto é o que saíu:
1. A tristura coa obra "Repouso" (1904) de NONELL.
2. O medo coa obra "O berro" (1893) de MUNCH.
3. O amor coa obra "O bico" (1907) de KLIMT.
4. A interculturalidade coa obra "Mulleres de Tahití" (1891) de GAUGUIN. Como xa non queda nada para rematar o curso e xa estamos empaquetando todo deixamos aquí os espazos de filosofARTE.
E así é como está quedando o mural.
( categories: )
|