30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Todo o alumnado e profesorado do centro participou nun acto na aula de psicomotricidade onde o alumnado de 5º e 6º amosou lugares do mundo e situacións

nas que son vítimas nenas e nenos, non só nas guerras senón tamén na explotación de man de obra infantil, na fame, ...

Ademais dous alumnos ou alumnas de cada curso mencionaron o nome e  a idade de nenos ou nenas xa tristemente falecidos por algunhas das razóns que

previamente se explicaron, co fin de concienciar ao alumnado da terrible situación á que moitos nenos e nenas do mundo están sometidos diariamente.

Para finalizar o acto, alumnado e profesrado, saíron ao patio unindo as súas mans con panos para facer unha gran roda mentres cantaa a canción "As cores da paz",

unha adaptación, feita pola mestra de música do noso centro, da canción do brasileiro Marcelo Serralva "Corda colorida".

 

Powered by Drupal - Design by artinet