Skip to Content

VOTACIÓNS PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO

De acordo coa convocatoria pasada, o próximo día 22 de novembro, luns, celébrase neste centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinala na citada Convocatoria, procederase do xeito que se detalla no documento adxunto.

 

Horario da votación.

Co fin de favorecer a participación haberá diversos intres de apertura da mesa:

 

a) 9.30 horas a 11.30 horas.

 

b) 13.30 horas a 15.30 horas.

 

 

          A dirección deste colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo día 22 de novembro de 2021, como unha forma máis de colaboración na organización do centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

AdxuntoTamaño
CIRCULAR ANIMANDO Á VOTACIÓN.pdf78.46 KB


page | by Dr. Radut