Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/20.

 

A Consellería ven de publicar a Orde do 3 de maio do 2019 (DOG 20 de maio) pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria para o curso 2019/20. As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes do alumnado. Poderán presentar solicitude o/a proxenitor/a ou representante legal do alumnado matriculado ou que se vaia matricular no curso 2019/20 nos niveis educativos enriba mencionados. Nos arquivos adxuntos atoparase o modelo de solicitude a entregar. Lémbrase que a solicitude é única, independentemente do número de alumnos/as polos que se solicite. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondo libros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE: O alumnado que acceda a 5º e 6º nivel de Educación Primaria só solicitará a axuda correspondente ao material escolar, non así os libros dado que somos centro EDIXGAL.

 

Asimesmo, a Consellería tamén ven de convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria ou en Educación Especial. Presentarase unha solicitude única no centro docente onde o alumno/a esté matriculado. Os requisitos para ser beneficiario/a, así como a documentación requerida inclúense nos documentos adxuntos. O prazo de presentación de instancias será ata o 21 de xuño de 2019. Lémbrase que as familias con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € poderán acceder ao vale de material escolar (50 €).

Pinchade aquí para tramitar a solicitude en liña.

 

 

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE.pdf2.2 MB


page | by Dr. Radut