Skip to Content

Celebracións

Plantación

O pasado xoves grazas a colaboración da ANPA, da Comunidade de Montes, dos Forestais e do Concello plantamos nun terreo detrás do cole 40 árbores autóctonas. Foi unha experiencia incrible que esperamos repetir!

 

Mar de bicos en Belesar

No cole de Belesar festexamos o amor do bo, amores que  coidan e fan  sentir xenial, amores que  acompañan e  dan ás para voar, amores que respectan... por iso enchimos de bicos o cole con esta canción do grupo Bombai.

 

Ademais na entrada do cole fixemos un mural onde todo o alumnado e profesorado deixamos os nosos beizos marcados...repartimos unha morea de bicos e apertas!

Despedimos o segundo trimestre co Mago Paco

Para despedir o segundo trimestre tivemos a magnífica actuación do Mago Paco, pasámolo en grande!

 

15 de febreiro. Día do Neno con Cancro

Este curso unímonos á iniciativa da celebración do "Día do Neno con Cancro". Dende distintos centros escolares a actividade deste ano consistía en elaborar un lazo dourada, que simboliza o cancro infantil, e os nenos e nenas do cole o recheamos con palabras de ánimo que cada clase escolleu e plasmou nun corazón.

Hoxe xuntámonos todos e os nen@s de 6º leron un manifesto, que abaixo vos adxuntamos, dixemos en alto as nosas palabras e mandamos un aplauso cheo de agarimo e moita forza a todos os nenos e familias afectadas por esta enfermidade.

 

MANIFESTO DÍA DO CANCRO INFANTIL

 

Xuntámonos aquí hoxe para celebrar o Día Internacional do Cancro Infantil que se celebra o 15 de febreiro. É necesario sensibilizar e concienciar sobre a loita e os desafíos aos que se enfrontan tanto os nenos como as súas familias.

Esta enfermidade é curable nun alto porcentaxe cunha diagnose temperá e os tratamentos axeitados. Para elo temos que loitar porque exista apoio para a investigación da detección precoz e cura do cancro.

A estes nenos non lle podemos regalar unha cura instantánea pero podemos axudarlles ofrecéndolles momentos, sorrisos, abrazos, afectos, alegría, momentos de xogo…

Dende os coles decidimos apoialos regalándolles palabras de ánimo. Cada clase pensou e elaborou unha palabra que escribimos nun corazón. Todos os corazóns están pegados no lazo dourado que representa o Día do Cancro Infantil.

Imos ver as palabras que empregáchedes!

3anos: mimiños   4anos: maxia       5anos: biquiños

1º: apertas           2º: ánimo             3º: valor

4º: esperanza       5º: forza               6º: guerreiros

Quedou precioso, e sobre todo, temos un lazo cargado de enerxía que esperamos lles chegue a estes nenos que tanto a necesitan.

Remataremos este acto cun forte aplauso, agradeceremos o noso esforzo en facer este traballo, e xa de paso, aplaudiremos con moito agarimo para encher este lazo de enerxía positiva.

Grazas a todos!

 

FESTA DA AUGA. XUÑO 2017

Curso 2011-2012

Distribuir contido


by Dr. Radut