Skip to Content

3º Ciclo

2º dia na Montaña

Despois dunha noite de friiiiioooo, chegou a maña soledada. Dividímonos en grupos e fixemos escalada e Karts. Despois de comer xogamos a xogos populares e orientación ata a hora da piscina. Xuntámonos con coles de outras localidades para facer unha velada nocturna con personaxes que aparecían polo bosque ata rematar cunha maravillosa marcha nocturna na que puidemos escoitar ouvear aos lobos destas terras!!!


Diario de Manzaneda

Chegamos a Manzaneda despois de tanto tempo esperando este final de curso, este final de etapa. Notamos o  frío da montaña, pero ainda así ao chegar sumerxíronse na piscina climatizada. Despois da cea tivemos unha velada no que por grupos fixeron disintos xogos. Intentaremos descansar  que mañá é un día moi longo!!!


Mares e mareas inundan Belesar

Hoxe Belesar inundouse de auga, salgada e doce e grazas a visita de dous encantadores científicos do Instituto oceanográfico de Vigo, os nenos e nenas souberon algo máis da ciencia mariña. Da mán de Bob esponxa, Patricio...coñeceron os seres vivos mariños, o porqué das mareas, os ciclos do auga e fixeron un experimento de moito colorido.


Grazas Kiko, Nico e Luisa!!


 




TERCEIRO CICLO Curso 2009/ 10

En breve apareceran as actividades realizadas polo alumnado deste nivel

Pleno no Concello sobre a Violencia de xénero

Hoxe 25 de novembro do 2009 é o día inernacional contra a violencia de xénero. Os nenos e as nenas de sexto estiveron participando na vida democrática do Concello, expoñendo as súas propostas fronte a este tipo de violencia. Ás dez da mañá no pleno o Concello, os actuais cargos políticos cederon o seu posto aos nenos e nenas do CPI Sabaris e do CEIP Belesar. Todos eles asumiron o papel do goberno e oposición e plantexaron un pleno moi interesante. Os nosos nenos e nenas formaban a oposición co Partido Comunitario de Belesar e o Partido pola iguladade. Suxeriron ao goberno que modificaran os nomes das rúas do Concello xa que so unha leva o nome dunha muller, pediron mais garderías e premiar as empresas que respecten a igualdade de xénero. Un día nas nosas vidas que pode cambiar o futuro, xa que les son o futuro!

Noraboa chicas e chicos!!!

   
   
   

Distribuir contido


by Dr. Radut