Skip to Content

3º Ciclo

Excursión a Pontevedra e a O Grove

Os nenos e nenas de 3º ciclo de Primaria fixemos unha excursión, o mércores 19 de marzo, a Pontevedra e a O Grove.

A vida é...unha obra de teatro.

Unha obra na que os nosos alumnos e alumnas do 3 ciclo, participan , poñen ilusión, emocións e traballan con entusiasmo.

Musical, Cuenca, Rozalen... todas estas actividades estiveron cheas do voso traballo , e queremos felicitarvos por iso,

ademáis das festas.

Noraboa!

There´s a part of them in me

Unha semana de vivencias, encontros, frío, emocións...aprendendo moito inglés. Aqui tedes o noso proxecto da semana de Inmersión Lingüística en Priego. Unha curta na que os nenos e nenas do 3 ciclo falan da necesidade de coidar o que nos arrodea, xa que todos formamos un único mundo.

Temos todos algo deles....

80 veces..decimos que queremos ser felices

O alumnado do 3º ciclo do cole expresou a través da canción 80 veces de Rozalen, o seu ánimo a todas as persoas que deciden rodearse de xente que as queiran e apoien, deixando de lado situacións que non nos aportan nada. Cantando e con linguaxe de signos, apostan pola felicidade. A nosa aportación no día en contra da violencia de xénero.

Inmersión Lingüística Priego 2013

Xa chegou o momento esperado polos nenos e nenas do 3º ciclo, e xa estamos en Priego, Cuenca, cos mestres Javi e Paz.  Aqui pasaremos unha semana no campamento YMCA, xunto cos compañeiros do CEIP San Antonio de Murcia. Unha semana chea de actividades, xogos, obradoiros e veladas en inglés. Todos os días a organización sube as fotos do acontecido. Se queredes podedes entrar na paxina www.zonafamiliasymca.es



Os tesouros de Belesar

Coa canción de Tesoro do grupo de Delafé y las Flores Azules, os nosos nenos e nenas de 6º de primaria queren despedirse do CEIP Belesar de Baiona, cole que durante nove anos, escoitou os seus soños, viviu cos seus sonos...e agora teñen que deixalo para poder comezar de novo.

Sempre estaredes en nós!

A Prensa na Escola

Con motivo da SEMANA DA PRENSA os nenos e nenas de 5º e 6º xuntaronse co resto dos cursos para compartir unha xornada de lectura compartida dos xornais.

Excursión A Coruña

Redacción feita por Estela Lima de 5º onde narra a saída que fixemos A Coruña oa nenos e nenas do 3º ciclo. 


 Se o queredes ler...clicade aiquí


 

EXCURSIÓN A CORUÑA

Os nenos e nenas do terceiro ciclo do Ceip de Belesar viaxamos A Coruña para disfrutar dunha xornada no Acuario e no Domus.

Martes de actividades

Outro día máis cheo de actividades en Manzaneda. Espertamos un pouco máis fatigados que onte e despois do almorzo comezamos as actividades. Xogos populares e baseball encheron a mañá. Despois de xantar, sumerxímonos na piscina e para os que non quixeron zambullirse houbo unhas partidas de tenis e futbol/tenis. Logo continuamos con cabalos onde os nosos nenos e nenas demostraron o arte que posúen nestas tarefas. Pola noite, un pouco nerviosos coa velada de discoteca cos demáis coles, na que puidemos bailar e bailar a todos os ritmos. Comezarón as disfonías, as penas por marchar...nótase que mañá xa partimos para Belesar. Pola mañá faremos actividades, xantaremos aqui e logo partiremos hacia Baiona, facendo antes unha parada de merenda na Cañiza. Chegaremos sobre ás 19.30.


Distribuir contenido


by Dr. Radut