Skip to Content

3º Ciclo

Poesía en 5º de Primaria

O alumnado de 5º de primaria traballa a palabra, a poesía ligada a sua terra...

e estos son os seus  primeiros traballos.

 

Teatro e Exposición fotografías

Hoxe puidemos asistir co alumnado de 5º e 6º de primaria á representación da obra " Dos contos as contas" en Vigo e despois gozamos coa exposición de fotografías Terras de salitre de Cristina Mittermeier, onde nos mostrou o estreito vinculo que temos co mar.

 

O camiño inglés

O alumnado de 5º de primaria traballou na aula de Inglés o camiño Inglés.

Musical "Facendo camiño"

O pasado venres 8 de xuño estreamos no auditorio V centenario de Baiona o noso musical "Facendo Camiño". Polo mañá actuamos para o noso centro e o CPI Cova Terreña e pola tarde estaba aberto a todos os públicos cunha recadación voluntaria a asociación de animais Bai sen Pulgas.

Queremos dar as grazas ao Concello de Baiona por prestarnos as instalacións do auditorio para facer o musical, o persoal que nos atendeu pola súa colaboración; a todos os que acudíchedes pola tarde, GRAZAS, por todo o voso apoio, fóchedes un público moi agradecido, así da gusto!

Ademais gustaríanos dicirvos que dende a asociación protectora Bai sen Pulgas nos informaron que esa tarde se recaudaron 223€. Grazas a eles tamén porque unha semana despois recibimos no centro unha recopilación de fotos do evento e unha foto grupal dos nosos actores que merece un bonito marco.

Sen mais, vos deixamos o vídeo do musical, esperamos que o disfrutedes tanto como o disfrutamos nós!

 

Estrea do musical "Facendo camiño" en Vigo

O alumnado de 5º e 6º fixo a estrea do noso musical "Facendo camiño" o pasado xoves 10 no auditorio de Vigo. As profes sentímonos moi orgullosos deles xa que brilaron con luz propia.

Esta actividade está enmarcada dentro do noso Plan de Excelencia e Mellora Escolar e a súa vez do noso proxecta "Lume no camiño".

O vindeiro venres 8 de xuño farémolo en Vigo en horario de mañá e tarde para que todos os que estean interesados poidan disfrutalo.

 

Charla "O monte vivo"

O pasado xoves os alumnos de 4º, 5º e 6º recibimos unha charla de dous forestais do Medio Rural na que aprenderon a importancia dos nosos montes e cal é o noso papel á hora de coidalos.

 

Naturnova

O pasado mércores os nenxs de 4º, 5º e 6º ademais de ir ao teatro visitaron Naturnova. Foi unha visita rápida pero encantoulles!

VISITA AO TEATRO EN INGLÉS: ZAPPING

Yesterday, Year4, 5 and 6 students enjoyed the performance of the play ZAPPING in Vigo.They learnt how to say the planets in order singing cool songs but they also understood the importance of stopping bullies and how we can collaborate helping each other.

 

Onte o alumnado de 4º, 5º e 6º disfrutou da representación da obra en inglés ZAPPING en Vigo. Aprenderon como dicir os planetas en orde cantando cancións moi chulas pero tamén comprenderon a importancia de parar aos que nos fan bullying e como podemos colaborar axudándonos entre nós.

 

 

Charla sobre os Incendios

Durante este curso escolar no centro estamos traballando tres proxectos distintos, a súa vez relacionados co tema do Camiño de Santiago. Os alumnos de Infantil traballan "Os animais do camiño"; os nen@s de 1º, 2º e 3º " Árbores do camiño" e os de 4º, 5º e 6º "Lume no camiño".

A partir deste trimestre cada grupo traballará distintas actividades para facerse expertos no seu tema e así a final de curso poder ensinar ao resto dos cursos todo o que aprenderon.

Este pasado venres os alumnos de 4º, 5º e 6º tivemos unha charla organizada polo Centro de Interpretación do Monte Aloia, na que Juanjo, un forestal, nos ensinou unha morea de datos, fotos e información acerca dos incendios. Os nen@s estiveron moi atentos, tomando nota e resolveron moitísimas dúbidas.

 

 

Día mundial contra a violencia de xénero

O pasado mércores os alumnos de sexto de primaria baixamos ao concello para conmemorar o Día Mundial contra a violencia de xénero. Alí presentaron os debuxos que fixemos nas aulas nas sesións organizadas polo CIM e trouxémonos calendarios para todos os alumnos de primaria do cole.

 

 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut