Skip to Content

3º Ciclo

Libre o meu pensamento! Rosalía de Castro

O 24 de febreiro festexamos o Día da  nosa querida Rosalía de Castro; apoiamos a iniciativa da Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega, e destacamos a parte de Rosalía que loita e denuncia as inxustizas, que escribe....

Libre o meu pensamento!!!

O alumnado de 5º e 6º recita o poema " O forno está sin pan" e Cecilia, Noelia e Icia, cantan Negra sombra.

Poesia na aula de 5º

Continuamos coas poesias na aula de 5º de Primaria. Esta vez da mán de Antonio García Teijeiro.

Gozade coas verbas!!

Lembranza para Alí Smain

Na clase de 5º de Primaria quixemos interpretar este poema de Antonio García Teijeiro, para lembrar que todavía temos  guerras que continuan destrozando vidas e sonos. Este poema escribíuse para sinalar a figura de Alí Smain, un neno que perdeu a toda a súa familia na guerra de Bagdad. Quedou sen os seus brazos e as súas  pernas foron queimadas polas armas químicas.

As vidas dos nenos e nenas non deberían sufrir as pésimas decisións dos maiores!

Noctiluca en Belesar

O pasado venres tivemos a sorte de acompañar a poetisa Bea López, nunha viaxe polos seus poemas. A clase de 5º de primaria gozou co seu proxecto Noctiuluca.

Aqui tedes unha mostra!

Antón e o apalpador

Hoxe para festexar a chegada do Nadal, o alumnado de 5º e 6º de primaria deleitounos co contacontos do libro Antón e o Apalpador da editorial Barafunda, conto escrito por Manuel castro Lima e Mº Del Mar Ameixeiras. Nela narra as pericipecias de Antón cando vai de visita ao Courel a ver a súa madriña Mariña.

Estos nenos e nenas son uns artistas!

Noraboa!

Inauguración do poema Visual " Infinito" e visita a Biblioteca De Baiona

Este luns o alumnado de 5º e 6º de Primaria acudirona inauguración do poema Visual " Infinito" do poeta

David Fernández, que inaugurouse na vila de Baiona.

Despois acudimos a Biblioteca Municipal, para descubrir un novo espazo marabilloso no que os libros e as verbas cobran vida.

 

Poesia, música e fotografia

Un proxecto de Poesía, música e Fotografía chegoua nosa clase de 5º de Primaria.

Co nome de Noctiluca, a poetisa Bea López Jerez transportounos o mundo da beleza das palabras e sentimentos.

Aqui podedes ver unha mostra.

 

Poesía en 5º de Primaria

O mes de novembro estivo cargado de poesia no Ceip Belesar. O alumnado de 5 e 6 de Primaria tivemos a sorte de participar nun Obradoiro co poeta David Fernández Rivera, onde nos abríu a porta a poesia visual e caligramas. O vindeiro luns 10 de decembro, acudiremos a inauguración dunha poesia visual súa no Concello de Baiona e presentaremos as obras conxuntas que fixemos nas aulas.

Vinde xogar con nós

Esta é a curtametraxe que fixeron os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria por Samain.

Noraboa a todos!

 

Ven xogar con nós

Durante estos días, o cole de Belesar transformouse nun escenario de medo, onde o alumnado de 5º e 6º de primaria rodou unha curta para festexar Samain. No guión, escrito por Cecilia e Carlota, os alumnos e alumnas maiores terán que averiguar que pasa no cole.

Trememos coas suas actuacións!

Aquí tedes o trailer e ao longo da mañá faremos a estrea da curta.

Felíz Samain!

Distribuir contido


by Dr. Radut