Skip to Content

Concurso Patrimonio de mi comunidad

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Belesar de Baiona, participa nun concurso nacional sobre o patrimonio da cada Comunidade. Na convocatoria tiñan que escoller un dos bens declarados Patrimonio Mundial da súa comunidade ou algún aloxamento e Albergues da REAJ e facer un vídeo sobre ela.

 En Galicia puidemos escoller entre a cidade vella de Santiago, a Torre de Hércules, a muralla de Lugo ou o Camiño de Santiago. Escollemos o Camiño, xa que a ruta portuguesa da costa  pasa polo noso concello de Baiona. Fixemos tramos da ruta que discorre polos montes de Baredo, rúas do casco histórico de Baiona, Santa Cristina, a calzada real, as pontes de Sabarís e a ponte románica de A Ramallosa.

No vídeo quixemos reflectir que o camiño para nós é como a vida, chea de momentos que podes que compartir con xente, con momentos difíciles nas que agradecerás unha man que te axude, palabras ou frechas que te orientarán cando non saibas o rumbo, pasos que pouco a pouco te van levando cara onde ti queiras. Cada etapa unha oportunidade de crecer.

O alumnado de Belesar gozou co camiño, e gravando o vídeo, no que levaron tamén traxes tradicionais galegos. Gravamos nos exteriores do Albergue Xuvenil Altamar de Vigo, xa que é o mais próximo a nosa localidade. Editamos o vídeo e o mandamos a Reaj.

Agora desde o hoxe venres 17 de abril ata o luns 4 de maio haberá unha votación e o colexio que máis votos consiga, logrará a máxima puntuación neste apartado.

O premio é 5000 euros para organizar unha viaxe de fin de curso co alumnado a un dos lugares do Patrimonio Mundial da Unesco.

Precisamos da vosa colaboración para que o colexio de Belesar, representante da Comunidade Galega e do Camiño de Santiago, supere en votos aos outros tres coles da península.

Un pasiño cada día , con cada un dos votos.

Pódese votar todos os días polo móbil, tablet, ordenador,…,

O enderezo é:

http://reaj.com/patrimoniocolegios.html

Tamén pode ser a través da páxina da Reaj, no apartado de colexios.

Animádevos e compartideo cos vosos contactos!

 



book | by Dr. Radut