Skip to Content

URXEN COLABORADORAS/ES DE COMEDOR

URXEN COLABORADORAS DE COMEDOR

Urxen colaboradoras/es de comedor por ser insuficiente o número actual para garantir un bo funcionamento do servizo.

Polo tanto, con carácter excepcional, ampliase a  posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixilancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente, a outros familiares dos alumnos comensais, a ex-colaboradores deste servizo,  a persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así como a persoal que participe en programas de voluntariado social (Concellos, ONGs). Esta colaboración voluntaria a desenvolverán nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial educativa ao respecto dos pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado. A ampliación manterase mentres dure a aplicación das medidas educativas e sanitarias para paliar os efectos da pandemia.

 

É necesario que todas as persoas interesadas presenten o modelo de acreditación de non ter sido condenado ou condenada en sentencia firme por delitos sexuais. Este documento pode ser solicitado online facendo clic neste enlace. Para poder facelo online é preciso dipoñer do servizo de identificación Cl@ave.

 



page | by Dr. Radut