Skip to Content

Día Mundial do Autismo

Día Mundial do Autismo

 

 

O 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo. O autismo é unha afección neurolóxica permanente que se manifesta na primeira infancia, independentemente do xénero, a raza ou a condición social e económica. O termo espectro  autístico refírese a unha serie de particularidades. Un apoio e unha contorna adecuada e a aceptación desta variación neurolóxica permiten a aquelas persoas que padecen trastornos do espectro  autístico gozar das mesmas oportunidades e participar de maneira plena e eficaz na sociedade.

APRENDE MÁIS CON ESTE GENIALLY  

 

 

O autismo caracterízase principalmente por peculiaridades na esfera da interacción social e dificultades en situacións comunicativas comúns, modos de aprendizaxe atípicos, especial interese por certos temas, predisposición a actividades de rutina e particularidades no procesamento da información sensorial.

  

O índice de autismo en todas as rexións do mundo é alto e a falta de comprensión produce fortes repercusións sobre as persoas, as súas familias e as comunidades.

 

Algúns recursos


 



  Xogos de mesa: por que usalos e recomendacións

 

Guía sobre o Autismo

 

Información recollida da páxina das Nacións Unidas

 



page | by Dr. Radut